Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Leticia Gallego critica a nula vontade da Xunta para solucionar a “nefasta situación” da sanidade pública en Moaña

Deulle hoxe voz ás reivindicacións e ao malestar da veciñanza dese municipio e volveulle esixir ao goberno galego que restitúa as urxencias na Casa do Mar ou que reforce de inmediato o persoal de atención primaria

A deputada socialista Leticia Gallego lamentou hoxe a nula de vontade da Xunta á hora de resolver os numerosos problemas que vive a sanidade pública no concello de Moaña e que, a día de hoxe, constitúe “o principal problema das veciñas e veciños dese municipio”.

A parlamentaria do PSdeG trasladou as demandas dos homes e mulleres desta vila a través dunha pregunta na Comisión de Sanidade. Alí o xerente do Sergas foi incapaz de aclarar cando se vai dar cumprimento a algunhas das peticións realizadas polo Grupo Socialista, como que se restitúan de inmediato as urxencias médicas na Casa do Mar de Moaña, que se incremente o persoal de atención primaria ou que se habilite unha ambulancia de reforzo.

Fronte a estas reivindicacións da veciñanza e que o PSdeG xa trasladou noutras ocasións ao Parlamento, o goberno galego segue a botar balóns fóra, a terxiversar a realidade ou a dar a calada por resposta. Por iso, Leticia Gallego lamentou que o xerente do Sergas siga sen dar unha solución ao problema das urxencias ou a concretar cando se van incorporar os tres médicos para a quenda de tarde que se anunciaron hai uns días.

Isto sucede nun contexto no que, ademais, hai uns días “Feijoo e Rueda se pasearon por Moaña para facerse a foto, pero sen achegar ningunha solución ás eivas da sanidade pública no municipio”. “Unha vergoña”, concluíu Leticia Gallego antes de engadir que “as veciñas e veciños de Moaña non merecen ser cidadáns de segunda”.

Neste escenario, Leticia Gallego lembrou que en marzo de 2020, por mor da pandemia, o Sergas decidiu que en Moaña non houbese servizo de urxencias, derivando aos pacientes a Cangas. “A veciñanza entendeu que era unha medida transitoria”, explicou, “pero xa non comprende que nestes momentos nos que imos cara a nova normalidade se siga sen recuperar ese servizo”.

Ademais, a situación na vila empeorou coa baixa dunha das pediatras dende o mes de febreiro, con momentos puntuais sen ningunha, o que ocasionou a “desesperación de pais e nais e do persoal de administración”.  A maiores, dende decembro do ano pasado, na quenda de tarde só están dous dos catro facultativos que debería ter este centro de saúde, “quedando sen atención médica 2.800 persoas”. Malia que a Xunta anunciou que contempla 3 novas prazas para ese centro, sigue sen aclarar cando se van incorporar.

Ao mesmo tempo, Leticia Gallego expresou o seu malestar pola terxiversación da realidade que está a facer o goberno galego con respecto á construción dun novo centro de saúde na vila. Neste aspecto, remarcou que a proposta de convenio da Xunta non incluía as urxencias e que foi o Concello o que obrigou a poñer este requisito para asinalo. Tamén lembrou que o Concello xa está urbanizando a zona onde se vai construír e que xa se informou ao goberno galego que o catastro xa rexistrou as parcelas para acelerar a súa cesión como último paso.

Na súa intervención, a parlamentaria do PSdeG afondou en que a atención primaria do sistema sanitario de Galicia está sendo un dos maiores problemas da nosa comunidade autónoma, unha situación que se deriva da “ineficiente xestión de recursos humanos froito das políticas de recortes executadas polo PP de Galicia”.

Mostra disto  é a redución en 2 millóns euros para atención primaria nos orzamentos da Xunta para este ano. Para máis, isto sucede nun contexto de graves problemas de persoal, inasumibles listas de agarda para os especialista ou de saturación nos centros de saúde.

En consecuencia, “temos un sistema de saúde público que está na UCI”, cunha atención primaria “totalmente desbordada, con xornadas de ata 190 pacientes nalgúns PAC, cuns profesionais esgotados e con cada vez máis cadros de depresión e ansiedade entre os médicos e médicas e cun total desánimo”. Neste contexto, Leticia Gallego tamén salientou “a gran profesionalidade e o compromiso de todos os facultativos da nosa comunidade”, algo do que se está a “aproveitar o goberno en funcións de Feijoo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18