Categorías: Secretaría Xeral

Formoso propón regular o xogo por unha Lei que actualice a normativa vixente dende 1985 e permita erradicar as casas de apostas do ámbito dos colexios

Atribúe á “inoperancia lexislativa do goberno galego” que Galicia conte cunha Lei do Xogo de 1985, “antes de Fraga, antes da caída do muro de Berlín e cando non existía Internet”

Julio Torrado explica que a norma regula o xogo situando as casas de apostas a 850 metros dos centros educativos ou limitando o acceso das máquinas aos establecementos de hostalería

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe unha Proposición de Lei para regular o xogo en Galicia que os socialistas veñen de rexistrar no Parlamento de Galicia para actualizar aos novos tempos a Lei do Xogo de Galicia, que data de 1985. Os socialistas galegos urxen á Xunta a tomar esta iniciativa “co rigor que se merece” e permitir “erradicar as casas de apostas do ámbito dos colexios”.

O líder dos socialistas galegos lamentou a “inoperancia lexislativa do goberno galego”, que provoca que a regulación nun tema tan grave como o do xogo se remonte a “cando Fraga aínda non se presentara ás eleccións, non caera o muro de Berlín e non existía Internet nas nosas casas”. Explicou que a iniciativa responde do “clamor” das familias que queren protexer aos mozos das “casas de apostas que copan os barrios e campan ás súas anchas nos entornos dos colexios”.

A normativa actual diante desta “lacra” permite “situacións tan antagónicas como que haxa caixeiros e casas de préstamos nas propias casas de apostas, que ademais poden estar a 3 metros da porta do colexio”. Reclamoulle ao goberno que “tome esta proposición de Lei co rigor que se merece, que acelere a tramitación” e atenda á “responsabilidade das forzas políticas galegas coa xuventude do país”.

Chamou así ás forzas parlamentarias a “enriquecer o texto”, que xa incorpora as aportacións dos colectivos afectados, de asociacións que velan pola prevención da enfermidade do xogo, do coidado das persoas adictas ou dos traballadores e traballadoras sociais do país. O resultado é un texto “rico, moderno, dinámico, que pon no seu sitio á especulación no xogo e os riscos que non pode asumir sobre todo a xuventude do país”.

O PP terá que explicar a continuación se quere “darlle as costas” a un problema de primeiro orde no país, lastrados por un “proxecto político esgotado” que lles impide regular esta “lacra” que provoca “casos dramáticos”.

Sinalou o “caso real dunha familia que ten que afrontar os 70.000 euros consumidos nun mes” por un dos seus membros máis xóvenes, ou do avó que denunciaba nun diario que os rapaces de A Coruña non xogaban no recreo porque estaban nunha casa de apostas a 50 metros do colexio.

Julio Torrado

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, foi o encargado de ofrecer a radiografía da realidade do xogo en Galicia, onde 1 de cada 4 menores de idade xa apostaron algunha vez, o 8 por cento deles no último mes. Ademais,  o 70 por cento deles o fixeron de maneira presencial en máquinas de apostas, casas de apostas ou as máquinas de hostalería onde “non poderían apostar, pero apostan”, de acordo cos datos da Universidade galega.

A desregulación desta actividade, provocada por unha Lei de 1985, moi allea á realidade actual, convirte o xogo na “Lei da selva”, por moito que o PP anunciara hai seis anos unha regulación que non chega. Dende aquela, sinalou, abríronse 49 casas de apostas novas en toda Galicia, que se suman ás máis de 2.000 máquinas instaladas nos locais de hostalería de Galicia, nas que xogan rapaces de 12 e 13 anos –o 15 por cento dos menores que xogaron o fixeron con esa idade-.

O parlamentario socialista avogou por “non prohibir, pero si regular” unha competencia delegada nas comunidades autónomas dende os anos 80, pero que só Galicia “fica atrasada” na aprobación da normativa.

Medidas

Propuxo así unha lei que sitúe as casas de apostas a 850 metros dos centros educativos ou locais das asociacións de ludopatía, e a 500 metros unha de outra. Ademais, reclamou ferramentas para que os concellos poidan habilitar zonas protexidas libres de casas de apostas, dándolles competencias para actuar contra o problema.

Defendeu limitar a publicidade de entidades crediticias nas casas de apostas, así como limitar o aceso aos entornos nos que máis se xoga, como son os locais de hostalería, en ocasións “verdadeiras casas de apostas encubertas”.

Dixo que “non podemos pasarlle a responsabilidade aos hostaleiros, cando é competencia da Xunta”. Por iso reclama a obriga de dispoñer de DNI electrónico para acceder a estes dispositivos “como piden tódalas asociacións de tratamento de adictos ao xogo rehabilitados”, ademais de limitar a unha máquina de xogo ou apostas por cada establecemento hostaleiro.

Reivindicou o cumprimento do acordo parlamentario para constituír o Observatorio do Xogo de Galicia e incrementar as aportacións públicas ás entidades que traballan na prevención da adicción ao xogo. Actualmente as dúas entidades galegas que traballan en Galicia receben 5.000 euros anuais, que quere aumentar ao 1 por cento da recadación por taxas e impostos do xogo, o que aumentaría ata os 600.000 euros dos 60 millóns que recada a Xunta neste apartado cada ano.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18