Categorías: Actualidade

Formoso cualifica de “vergoña e esperpento” as imaxes de Jácome agredindo a unha sindicalista e lembra que “os únicos culpables” de soster ao alcalde “son o PP e Feijóo”

O líder dos socialistas galegos lembra que a entente Jácome – Feijóo ten como único obxectivo que non goberne o PSdeG, gañador das eleccións municipais

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, tildou hoxe de “vergoña e esperpento” a situación do Concello de Ourense, que acadou onte un novo fito coa agresión pública do alcalde a unha sindicalista. En resposta a preguntas dos xornalistas no Parlamento de Galicia, lembrou que “os únicos culpables” de soster ao alcalde “son o PP e Feijóo”, que lle deron a alcaldía a Jácome co único obxectivo de impedir o goberno do gañador das eleccións municipais, que foi o PSdeG.

O responsable socialista apuntou como responsable deste espectáculo pouco edificante á “entente Jácome – Feijóo”, impropia dunha “formación política que se di de Estado, que presume de altura de miras e de talante conciliador”. Accións como a de onte evidencian que “realmente non están á altura”, e anticipou que “serán os cidadáns de Ourense os que decidan pasar páxina desta etapa e responsabilizar ao PP e a Feijóo”.

Sinalou que “quen non quere cambiar ao alcalde de Ourense”, logo das diversas oportunidades postas enriba da mesa polos socialistas da cidade para mudar ao alcalde. Sinala que de gobernar quen gañou as eleccións “a imaxe da cidade sería absolutamente distinta, con erros e acertos, pero dende logo que cun goberno exemplar que nunca faría saltar as liñas vermellas que na cidade se saltan día a día por culpa das siglas do PP”.

O líder dos socialistas galegos confirmou que imaxes como a de onte, agredindo a unha sindicatista e “desfacendo o dereito sindical” dende logo “non houberan ocorrido” cun alcalde socialista. Sen embargo, dixo, lamentablemente “traslada do que é capaz o PP”, e o vídeo da protesta de onte “sintentiza o peor da política”.

Rueda

Situou ademais a alcaldía de Jácome na herdanza que lle deixa Feijóo ao futuro novo líder do PP e presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que vén de acordar a súa elección froito dun acordo con “persoas como Baltar, corresponsable da alcaldía de Ourense”, e que “vai decidir quen vai ser presidente da Xunta nos próximos dous anos”.

Augurou que “os que estaban na mesa camilla” que decidiu o “reparto de poderes” no próximo goberno galego “se incorporarán a un proxecto político que vai ser máis do mesmo” e faranse “corresponsables dunha herdanza que vai ser dura de levantar”, pero que os socialistas galegos “estamos dispostos a facelo en 2024”, polo que votarán non á investidura de Rueda a próxima semana.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08