Categorías: Actualidade

Leticia Gallego demanda á Xunta un “maior esforzo orzamentario” para dar solución á conectividade en todas as cidades e vilas galegas

Sinala unha “boa conectividade” como “ferramenta imprescindible” na loita contra o despoboamento do rural galego

A deputada socialista Leticia Gallego demandou hoxe á Xunta “un maior esforzo orzamentario” para dar solución á conectividade en todas as cidades e vilas, xa que “moitas delas non teñen acceso a Internet ou este é moi malo”. Fíxoo, na Comisión de Industria do Parlamento, onde presentou unha pregunta neste sentido ao goberno galego.

“A crise sanitaria da COVID deixou ben claro a necesidade de impulsar urxentemente a banda larga no noso territorio, fundamentalmente na Galicia rural”, reivindicou a dirixente socialista tras poñer en valor a necesidade da dixitalización como “un dos retos máis urxentes aos que se enfronta Galicia debido á importancia dos datos en todas as áreas da actividade económica e social”.

Neste sentido, sinalou que en moitos concellos como Gondomar, Castroverde, Fonsagrada, Pedrafita, Ribeira, Baralla, Cuntis ou incluso Lugo cidade “o acceso a internet é pésimo ou non existe”, cuestión que non axuda á hora de fixar poboación, xa que unha “boa conectividade” é unha “ferramenta imprescindible” na loita contra o despoboamento do rural.

“A Galicia do futuro ou é unha Galicia dixital ou é unha Galicia que non existe”, incidiu a socialista, tras propoñer unha serie de medidas para apostar pola transformación dixital, como facer un “despregamento acelerado” da rede 5G co fin de proporcionar conectividade de alta velocidade ás zonas rurais, implementar unha estratexia potente da Industria 4.0 para agricultura, pesca e industria ou investir máis na investigación e innovación das TIC.

RECOÑECEMENTO A ADIF Á HORA DE LEVAR O 5G AO RURAL

Con todo, a socialista loou o “traballo e preocupación” de Adif á hora de levar o 5G ao rural, xa que “presentou unha manifestación de intereses cara a conectividade dixital, impulso da ciberseguridade e despregamento 5G” no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia que permitiría “chegar á España baleira con 100Mbps utilizando o trazado ferroviario”.

“Aquí temos unha ferramenta por parte de ADIF para que utilice a Xunta de Galicia e é unha boa forma de colaborar entre o goberno de España e o goberno autonómico”, incidiu, polo que “esperemos due dende o goberno do PP colaboren”, xa que teñen aquí “unha gran oportunidade” para levar ao 5G á Galicia rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24