Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero, ante a negativa de Feijóo a aclarar no Parlamento a vacinación da conselleira delegada de DomusVi: “Esta vacina irregular é unha labazada a Galicia”

O portavoz socialista advirte que a estratexia agora “non pode ser salvar a Semana Santa” e recorda que aínda non se aprobou a anunciada ampliación das axudas “para os milleiros de negocios aos que a Xunta lles puxo o candado o pasado 26 de xaneiro”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu hoxe no pleno do Parlamento para propoñer a Feijóo que, tralo “fracaso de Salvar o Nadal” non busque agora “salvar a Semana Santa”, senón que traballe para “salvar á xente: protexer a súa saúde e rescatar a súa economía”.

Neses eidos, garantiu Gonzalo Caballero, o goberno galego “terá a lealdade do Partido Socialista”, que “nunca” cuestionou as restricións adoptadas para tentar frear o avance da pandemia. Iso si, deixou claro que “non seremos cómplices das vacinacións irregulares” que se están producindo en Galicia. En concreto, referiu os 200 casos que recoñeceu o xerente do hospital de Pontevedra e as vacinas que se puxeron á alcaldesa do PP en Boimorto e á conselleira delegada de DomusVI.

“Necesitamos unha xestión transparente e eficiente das vacinas”, reclamou o líder do PSdeG, quen fixo fincapé en que “non pode ser” que a primeira directiva “dun imperio xeriátrico no que faleceron máis de 2.600 persoas en toda España” estea inmunizada fronte á covid cando “tanto persoal sanitario e de servizos sociais” aínda non está vacinado.

“Cómpre aclarar o ocorrido, porque é unha labazada na conciencia colectiva de Galicia”, evidenciou, ao tempo que criticou que Feijóo se negase a investigar a vacinación irregular dunha empresaria “próxima ao Partido Popular”.

Así o dixo Gonzalo Caballero no contexto dunha terceira onda da covid que “está golpeando con moita dureza a Galicia”, como amosa o feito de que dende o Nadal faleceron en Galicia unhas 600 persoas e de que a taxa de falecementos por 100.000 habitantes en Galicia no que vai de ano é superior á que presentan comunidades como Cataluña ou Madrid: “temos un número moi alto de contaxios e, cunha poboación tan envellecida como a nosa, as consecuencias están sendo estremecedoras”.

Ademais, o responsable do PSdeG subliñou o “alto nivel de presión hospitalaria” que existe en Galicia para afrontar a pandemia logo de “tantos anos de recortes”. “O persoal sanitario está dobrando turnos, persoal non especialista está atendendo UCIs e xa está habendo que alugar quirófanos en hospitais privados para desviar cirurxías urxentes que non se poden atender na rede pública”, sinalou, para incidir na necesidade de “fortalecer a sanidade pública”.

RESCATAR A ECONOMÍA

Gonzalo Caballero tamén puxo o foco na necesidade de “rescatar a economía”, toda vez que “pasan os días” e a Xunta “segue sen levar ao DOG o segundo paquete de apoio para os milleiros de negocios aos que lle puxo o candado o pasado 26 de xaneiro”.

“Os hosteleiros, os comerciantes, os ximnasios, os traballadores da cultura do noso país… están ao límite”, asegurou o máximo dirixente do PSdeG, consciente de que os nosos sectores “necesitan ter na Xunta un aliado”.

“A Xunta é a única administración galega que recibiu centos de millóns de euros para compensar a caída da actividade económica, pero falla a xestión e as axudas non dan chegado aos sectores afectados”, recalcou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04