Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica o “reparto a dedo” de fondos públicos da Xunta aos concellos galegos gobernados polo PP

Begoña Rodríguez Rumbo rexeita un “sistema caciquil, que non respecta a autonomía local e non está baseado nun plan de reequilibrio territorial para Galicia”

Lamenta que “nun orzamento expansivo para 2021 que medra 1.575 millóns de euros” as transferencias “a entidades locais diminúan en case 11,5 millóns de euros”

A voceira de Orzamentos do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de criticar o “reparto a dedo” de fondos públicos da Xunta aos concellos galegos gobernados polo PP. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, durante a presentación dunha interpelación sobre a política da Xunta en relación co financiamento local.

“O goberno galego fala de compromiso cos concellos, cando a realidade é que menospreza aos concellos galegos decidindo, dende a súa posición privilexiada, as competencias, as achegas e cales son os concellos aos que beneficia”, sentenciou Rodríguez Rumbo, que criticou que a Xunta non incrementase o Fondo de Cooperación Local “nin un só euro dende 2009”.

A responsable socialista criticou a “falla de equidade e xustiza” no reparto de fondos dun “sistema caciquil, que non respecta a autonomía local e que non está baseado nun plan de reequilibrio territorial para Galicia”. Ademais, lamentou que o sistema “non procure a cobertura de servizos básicos para toda a cidadanía galega, independentemente de onde viva”.

Nesta liña, lamentou que a Xunta “non cumpra cos principios de transparencia e obxectividade contemplados na lei de transparencia e bo goberno de Galicia ni respecte a lei de subvencións”, cando, por exemplo, “en catro anos, case 5,5 millóns de euros dos algo más de 6 millóns de euros conveniados pola Vicepresidencia primeira e Consellaría de Presidencia, Xustiza e Turismo” foron destinados “para concellos gobernados polo PP”.

“Nun orzamento expansivo para 2021 que medra 1.575 millóns de euros, os concellos son un dos grandes sacrificados. As transferencias a entidades locais diminúen para 2021 en case 11,5 millóns de euros, sendo das poucas partidas orzamentarias que baixan, cando as necesidades locais incrementaron e asumiron máis competencias que non lle correspondían”, aseverou a responsable socialista.

Por último, Rodríguez Rumbo urxiu á Xunta a incrementar a contía dos Fondo de Cooperación Local para que os concellos exerzan as súas competencias “sen tutelas, sen condicións e para mellorar a vida da súa veciñanza”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18