Categorías: Actualidade

O PP e o goberno galego, máis preocupados de buscar culpables que de buscar solucións á crise da industria de Ferrol

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, acusou hoxe ao goberno galego de desentenderse da sitaución de crise industrial de Ferolterra por estar “máis preocupado de buscar culpables e desculpas que de buscar solucións”. Seco presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que exerza as competencias propias en materia industrial logo de dez anos de desleixo, e que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista acusou ao goberno galego de manterse como “mero espectador” da situación da industrial de Ferrol, mentres vían como nos gobernos de Feijóo se perdían 23.000 postos de traballo, e cando na pasada Lexislatura o Índice de Produción Industrial caía un 2,5 por cento fronte ao 0,4 por cento do conxunto de España. Explicou que a xestión do goberno galego provocou que o emprego industrial galego pasara do 7,1 ao 6,6 por cento do Estado.

Estas cifras, dixo, se produciron cando o goberno galego tiña que desenvolver a que chamaron como “axenda da competitividade Galicia – industria 4.0, pola que en 2020 o sector industrial ía medrar ata o 20 por cento do PIB e crearía 50.000 novos postos de traballo.

Criticou que a Xunta se ten demostrado “incapaz de facer nada máis que sentarse a esperar a ver que pode facer o Estado” cando “o anuncio de peche de Endesa e As Pontes debera estar nas súas previsións”, e que “debera estar traballando dende fai tempo por activar alternativas industriais”.

Sinalou que o Estado xa ten anunciado o apoio ao proxecto de biocombustibles na central térmica e poñendo enriba da mesa 30 millóns en axudas para proxectos en zonas de transición xusta, dirixido a casos como o de As Pontes e Meirama. Tamén dispuxeron de 7 millóns para concellos afectados polo peche de termoeléctricas de carbón, concederon 8,4 millóns para instalación de térmicas renovables e outros 12 para instalacións eléctricas.

Mentres o goberno galego facía “nada”, dixo, o Estado presentaba un paquete de medidas específico para as zonas de transición xusta dentro das axudas da UE por valor de ata 300 millóns de euros. Ao tempo, dixo, son “incapaces de dar algún tipo de solución e continuidade” da planta de Gamesa – Siemens, e obrigan ao Estado a resolver a situación que deixou o goberno de Rajoy en Navantia logo de meter nun caixón o proxecto de fragatas F-110 “por intereses particulares do seu ministro de Defensa”.

Proposta

O Grupo socialista reclamoulle á Xunta que utilice as competencias propias para “desenvolver un pleno compromiso pola industrialización de Ferrolterra” intensificando a participación na captación de fondos europeos de reconstrución, elaborando un plan industrial para a comarca ou cun plan formativo para os traballadores da industria auxiliar. Tamén pedía un plan de captación de actividades industriais ligadas á eólico – mariña.

O responsable socialista tamén solicitoulle ao goberno galego “involucrarse nunha Mesa de Traballo” na que participen o Estado, concellos, sindicatos e empresarios para a reindustrialización de Ferrol, Eume e Ortegal.

Finalmente, reclamoulle ao Estado que dote de “carga de traballo inmediata” para os estaleiros de Navantia en Ferrol dirixida á plantilla principal e a auxiliar, así como desenvolver a totalidade do Plan Industrial pactado e o proxecto de estaleiro 4.0 “coa construción do dique cuberto para as instalacións de Ferrol.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08