Categorías: Actualidade

O presidente da Xunta debera exercer “prudencia e responsabilidade” en lugar de precipitarse nunha nova desescalada

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta “ser prudentes e precavidos” na desescalada anunciada hoxe por Feijóo para evitar que en Semana Santa se repitan os erros do seu salvar o Nadal. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento na que chegou a tildar de “mentira cobarde” que o presidente da Xunta responsabilizara ao Estado da apertura do Nadal.

cualificou hoxe de “mentira cobarde” a intención de Feijóo de responsabilizar ao Estado da súa campaña para salvar o Nadal relaxando as restricións, e que derivou na terceira onda da pandemia. Así o dixo no debate dunha interpelación no Pleno do Parlamento na que reclamou “ser prudentes e precavidos” e evitar caer no mesmo erro na Semana Santa.

Torrado puxo o foco no anuncio de Feijóo, que se ten adiantado unha semana á próxima reunión do Comité Clínico para anunciar xa medidas de relaxación das restricións, demostrando que “non lle gaña ninguén a rápido para dicir cousas boas”. Neste sentido, advertiu da “bifurcación de responsabilidades” por parte da Xunta, que ao tempo que di que “as cousas foron mal porque o goberno nos obrigou” engaden que “non estamos tan mal porque nós tomamos as medidas”.

Chamou a “evitar facerse trampas ao solitario” e advertiu fronte á tentación do goberno galego de “forzar na medida do posible” para tomar as políticas máis aperturista posible pero sen contar coas conclusións do Comité Clínico. Lembrou que no Nadal o mesmo Comité Clínico contaba con voces pedindo cautela e menos aperturismo, que decidiron non escoitar para abrir as restricións.

Subliñou que “somos leais coas medidas do goberno e asumimos equivocarnos, pero non podemos ser cómplices cos erros” derivados destas decisións “políticas” tomadas polo goberno galego máis preocupado de “gañar o titular” que de atender ás necesidades sanitarias. Advertiu que “non é tempo de facer campañas de imaxe de ninguén, senón de ser cumpridores, para que alguén aprenda a poñer a máscara cando lle toca”.

UCI

O parlamentario socialista alertou da derivada perversa do anuncio falso do presidente da Xunta de que as UCI galegas están ao 30 por cento de ocupación. Sinalou que “non é certo, hai UCIs que non admiten un alfiler” e a sanidade galega está “entregada á bondade e á vontade dos traballadores e traballadoras”, mentres o goberno galego “traslada á cidadanía a sensación de que non estamos tan mal”, en contra da “conciencia de que estamos mal”.

Ao transmitir unha situación “mellor da que hai”, explicou, en realidade “transmiten a idea de que está todo superado” e pon en risco o éxito das restricións, e ademais faino falseando os datos de UCIs ao contar as prazas privadas que aínda non están contratadas ou as de hospitais de campaña que non están en funcionamento.

Chamou ao conselleiro de Sanidade a recoñecer “cantas UCIs reais hai dispoñibles neste momento”, e advertiu que “pretender ocultalo é un erro” cando “estamos no borde de que poida haber xente que necesite unha cama de UCI e non teña”. Chamou a “dicirlle á xente que ten que seguir cumprindo” precisamente pola situación límite dos hospitais galegos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18