Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero chama á Xunta dende Cuntis a “apoiar aos concellos pequenos” para “promover o medio rural e o emprego industrial” nas vilas galegas

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, pide “axilidade” na posta a disposición de solo industrial cando existen empresas pedindo terreos para instalarse

Cuntis, 10 de febreiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero visitou hoxe Cuntis para manter unha xuntanza de traballo co alcalde, Manuel Campos, na que analizou os proxectos en marcha na vila e coñeceu de primeira man tamén as súas demandas.

Ao termo, ante os medios de comunicación, Gonzalo Caballero puxo en valor “o compromiso cos veciños e coas veciñas de Cuntis” do seu alcalde, tanto no que atinxe ás consecuencias sanitarias, sociais e económicas da pandemia como na aposta polo futuro do concello a través da súa industrialización e a través da modernización das súas infraestruturas.

Por iso, o líder do PSdeG garantiu o seu “apoio” na defensa das cuestións necesarias para Cuntis ante o goberno de España e ante a Xunta. E, tras subliñar que o executivo que preside Pedro Sánchez traballa xa nesa liña, propuxo ao goberno galego que tamén “se comprometa”.

“Queremos propoñer a Feijóo que apoie aos alcaldes tamén para promover o emprego a través do desenvolvemento industrial”, reivindicou Gonzalo Caballero, quen sinalou que “logo de tantos anos de ausencia de política industrial por parte da Xunta, cómpre que asuma as súas competencias e coopere cos concellos, especialmente cos concellos pequenos” para apoiar á súa economía.

“Todas as administracións teñen que traballar en defensa dos veciños e das veciñas, en coordinación, apostando polo medio rural e polo desenvolvemento industrial”, engadiu o máximo dirixente dos socialistas galegos.

“APOIO DE TODOS”

Despois de que Gonzalo Caballero advertira que “non pode haber veciños de primeira e de segunda” en función de que vivan nunha cidade ou nun pobo ou vila, o alcalde de Cuntis, Manuel Campos, agradeceu a visita do secretario xeral do PSdeG por tratarse “dun interlocutor esencial” co goberno que dirixe Pedro Sánchez.

Porque, como dixo, “en Cuntis necesitamos o apoio de todos”, tanto do goberno de España como da Xunta de Galicia, nun momento no que “hai necesidade de solo industrial” porque existen empresas interesadas en instalarse na vila. Así é que requiriu “axilidade” ás administracións na posta a disposición de terreos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32