Categorías: Actualidade

Intolerable ataque machista e vexatorio contra a primeira muller que vai ser alcaldesa de Ribadavia

Marina Ortega esixe “máximo e escrupuloso respecto” co desenvolvemento de cargos de responsabilidade pública por parte das mulleres e denuncia o ataque contra a imaxe de Noelia Rodríguez, enfermeira de profesión.

A secretaria de Políticas Sociais do PSdeG e parlamentaria autonómica por Ourense, Marina Ortega, denuncia o “intolerable ataque machista e vexatorio” contra a futura alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez. Así o dixo logo de coñecer a campaña de descrédito nas redes sociais empregando imaxes privadas da futura alcaldesa.

Ortega denunciou o “execrable ataque” contra a primeira muller que vai ser alcaldesa na vila ourensá, e esixiu o “máximo e escrupuloso respecto” ao desenvolvemento dos cargos de responsabilidade pública por parte das mulleres. Reclamoulle ao PP que amose a súa condena contra este feito para evitar calquera tipo de complicidade con estes ataques públicos contra a imaxe de Rodríguez.

Ademais, Marina Ortega puxo en valor o perfil da que será a primeira muller alcaldesa de Ribadavia: “unha muller formada e traballadora, que compatibiliza o seu compromiso político co seu traballo como enfermeira”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24