Categorías: Actualidade

Martín Seco urxe a Medio Rural que se “poñan traballar e facer algo” para apoiar ao sector agrario galego

O portavoz de Agricultura e Gandería do Grupo Socialista, Martín Seco, esixiulle a Medio Rural que “se poñan a traballar e fagan algo” en apoio ao sector agrario galego. Así o dixo na comparecencia do titular desta Consellería, hoxe no Parlamento de Galicia, para dar conta da situación do sector fronte á crise logo de que, como sinalou Seco “non saíra publicado no DOG nin un só euro propio en axuda aos nosos produtores”.

O responsable socialista afeoulle ao conselleiro que “en vez de utilizar o DOG para o noso sector agrario dende as súas responsabilidades de goberno, prefiren aproveitar o seu tempo para ir a Madrid a poñerse ao pé dunha pancarta”. Por moito que a reivindicación dos gandeiros galegos sexa “xusta”, dixo, a Consellería presentouse “intentando lavar a súa mala conciencia por ser incapaces” de desbloquear axudas para un sector en crise.

Lembrou que a Xunta conta con competencias exclusivas en materia de Medio Rural, que o responsable do departamento utiliza para alertar da “desaparición do sector gandeiro”, pero “sen poñer enriba da mesa nin unha soa medida do goberno galego para axudar ao sector agrario”. Lamentou que “todo un goberno se amosa como unha simple entidade financeira, que o único que pode aportar ao sector gandeiro é avalar préstamos e pagar os intereses de adiantos da PAC”.

Mentres, o sector da carne afronta unha crise estrutural “derivada da falla absoluta de políticas públicas que guiasen aos nosos sectores produtivos durante décadas”, e “cando chega unha tormenta, todo o noso sector vense abaixo”.

E mentres “negáronse a utilizar o máximo permitido do PDR para axudar ás explotacións de carne, bloquearon durante meses o observatorio de prezos, e negáronse a impulsar contratos homologados con prezos estipulados” e renunciaron durante unha década a transformar o sector do leite para darlle valor engadido.

Esixiulle ao goberno galego que “se poñan a traballar e fagan algo por tomar medidas económicas de apoio aos sectores produtivos, aumenten a base territorial, garantan o cumprimento da Lei da Cadea Alimentaria, e impulsen os nosos produtos de gran calidade para mellorar a balanza alimentaria” porque “sinxelamente, o sector agrario non pode agardar”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10