Categorías: Actualidade

Luis Álvarez urxe un “cambio de orientación” no goberno da Xunta tras 13 anos nos que Rueda “foi corresponsable”

O voceiro parlamentario do PSdeG anuncia un “discurso crítico” coa xestión do PP á fronte do goberno galego, pero tamén “propositivo” porque o PSdeG “está chamado a liderar unha alternativa certa á gobernabilidade na comunidade autónoma”

O dirixente socialista lamenta o “espectáculo pouco edificante” do PP que “está tentando encaixar un sudoku provincial” para cumprir “cotas de poder” dentro do organigrama do Executivo autónomico

O voceiro parlamentario do PSdeG, Luis Álvarez, urxiu hoxe un “cambio de orientación” na Xunta despois de 13 anos de goberno do PP do que Rueda “foi corresponsable”. Fíxoo no Parlamento de Galicia, trala celebración da Xunta de Portavoces para a acordar a formación do debate da sesión plenaria de investidura que se comezará o vindeiro martes.

O dirixente socialista anunciou un “discurso crítico” coa xestión do PP á fronte do Executivo autonómico, pero tamén “propositivo” no que “desglosaremos unha serie de medidas” e “propostas sólidas e razoables para cambiar as políticas públicas” porque o PSdeG “está chamado a liderar unha alternativa certa á gobernabilidade na comunidade autónoma” e, feito, “vai liderar con toda seguridade a Xunta nas próximas eleccións”.

Ao fío disto, Álvarez reiterou o voto en contra do PSdeG á investidura de Rueda despois do anuncio de “políticas de continuidade” do goberno de Feijóo e tendo en conta que, aínda que é un procedemento legal, “non foi o candidato que se presentou ás últimas eleccións á Xunta”.

“O PRÓXIMO GOBERNO NON VAI DAR RESPOSTA ÁS NECESIDADES REAIS DA CONFIGURACIÓN DUN GOBERNO”

Neste sentido, censurou o “pacto de baronías”, xa que “ten unha lectura clara: o próximo goberno da Xunta non vai dar resposta ás necesidades reais de configuración dun goberno nas que o señor Rueda debería sentirse libre para elixir aos conselleiros e conselleiras que considere pertinentes, senón que están tentando encaixar un sudoku provincial” para cumprir “cotas de poder que negan, pero existen”.

“Estamos nunha especie de xogo de cartas ou dominó no que vemos ofertas públicas de Rueda e vemos a Diego Calvo que parece facerse querer, pero non a calquera prezo”, o cal “parece un mal exemplo”, xa que “os integrantes do Executivo autonómico deberían ser os mellores e os máis cualificados”. “O espectáculo é pouco edificante”, sentenciou.

“O PSdeG SEGUE A TRABALLAR EN PROPOSTAS PARA O PAÍS”

Así, malia que Galicia, á vista da axenda do PP, “parece unicamente preocupada polo relevo no goberno galego”, incidiu, “o PSdeG segue a traballar en propostas para o país”, como o pacto polas enerxías renovables, “máis necesario ca nunca”, ou o proxecto de lei do xogo que se presentou onte e “non é un tema menor”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00