Categorías: Secretaría Xeral

Formoso salienta que o Ministerio de Ciencia está a traballar para darlle un estatus “solvente, serio e relevante ao Instituto Oceanográfico en Vigo”

O líder dos socialistas galegos reivindica a cidade olívica como “referencia da pesca” e reclama que o papel da sede do IEO de Vigo “en ningún caso sexa un reparto de aparencias”

Abel Caballero sinala que “non negamos o dereito de Cantabria nin de Murcia, pero reclamamos para Vigo o recoñecemento que merece, cun centro do IEO con peso e capacidade”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, salientou hoxe que “nos consta” que o Ministerio de Ciencia” está a traballar para darlle un estatus “solvente, serio e relevante” para a sede do Instituto Español de Oceanografía –IEO- en Vigo. Así o dixo logo dunha visita a Vigo, onde mantivo un encontro co alcalde da cidade, o socialista Abel Caballero.

Formoso subliñou o “compromiso máis absoluto do PSdeG co obxectivo de que o IEO teña na sede de Vigo un papel preponderante na investigación mariña e na prospección mariña no futuro”. Sinalou que Vigo é “referencia da pesca” avalada polos 32.000 empregos que dependen do sector extractivo do mar na Ría, e por iso debe contar cunha sede do IEO que “en ningún caso sexa nu reparto de aparencias”.

Salientou que “Vigo ten que ser referencia da investigación como é para a propia UE” –en tanto que é sede da Axencia Europea de Pesca-, como asegurou que vai ser para a propia ONU na súa misión da FAO, polo acordo de onte da Eurocámara para crear unha sede na cidade, e como para o propio CSIC –que ten un centro de referencia en Vigo-.

O responsable socialista engadiu que “estamos con Vigo, con esta cidade, estamos cos vigueses e coas viguesas”, e polo tanto, dixo, a sede do IEO en Vigo “ten que ter o papel máis relevante do territorio español, se realmente cremos nunha descentralización con contido e non aparente”.

Abel Caballero

O alcalde da cidade, o socialista Abel Caballero, salientou que “non negamos o dereito de Cantabria nin de Murcia”, pero reclamou que a sede do IEO de Vigo teña “o recoñecemento que se merece, que sexa un centro con peso e capacidade”. Lembrou que el mesmo instou á ministra a “tomar unha decisión que significara que Vigo ocupara o sitio que lle corresponde”, como “referente no mar e no ámbito oceanográfico”.

Lembrou a intervención da ex ministra de Pesca, a concelleira socialista Elena Espinosa, no Pleno do Concello para defender unha moción reivindicando un papel preponderante para a sede de Vigo.

Sinalou que “unha ministra de Pesca que estivo 6 anos dille á ministra de Ciencia que apenas leva un ano o que é convinte facer, e a experiencia pesa”. Salientou “o que significa o mar, e o que significa a investigación oceanográfica e pesqueira” cando “4.500 barcos teñen a súa sede na cidade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18