Categorías: Actualidade

Noa Díaz pide á Xunta que colabore cunha “achega económica suficiente” coa Banda Sinfónica Galega para que poida participar no World Music Contest de Kerkrade

Alerta de que a asistencia no certame “máis importante do mundo” das 60 mozas e mozos galegos “pode correr perigo” de non ter unha axuda pública que cubra os gastos

A deputada socialista Noa Díaz pediu hoxe á Xunta, despois de presentar a semana pasada unha batería de iniciativas no Parlamento, que colabore coa Federación Galega de Bandas de Música cunha “achega económica suficiente” para permitir que a Banda Sinfónica Galega participe no World Music Contest de Kerkrade.

“É unha oportunidade única para amosar a nivel internacional o enorme talento musical que existe nas bandas populares galegas”, destacou a socialista, unha vez que a Banda Sinfónica Galega recibiu un convite para participar nunha actividade paralela á competición dirixida a músicas e músicos menores de 30 años “en recoñecemento á súa calidade e traxectoria”.

Alí, reivindicou Díaz, recibirán unha semana de formación con directores e compositores de primeira liña internacional, mais a participación supón un custe “que non son quen de soportar”, xa que a viaxe dos arredor de 60 integrantes da banda “supera os 35.000 euros” e “a única fonte de ingresos son as subvencións que reciben en convocatorias públicas de concorrencia competitiva”.

De non ter unha axuda pública que cubra os gastos, alertou, “a súa asistencia pode correr perigo, xa que a maior parte das persoas integrantes da banda son mozas e mozos menores de 22 anos que non poden correr cos gastos de viaxe e estancia durante unha semana en Países Baixos”.

“É oportuno que a Consellería de Cultura colabore coa Banda Sinfónica Galega para que a participación no certame máis importante do mundo sexa unha realidade”, tendo en conta que a tradición popular galega “non se podería entender sen as bandas de música populares, algunhas das cales teñen xa case dous séculos de historia, sendo en moitos casos o maior referente social e cultural das nosas vilas”, dixo Díaz.

AS AGRUPACIÓNS MUSICAIS POPULARES “GOZAN DE MOI BOA SAÚDE, A PESAR DOS ESCASOS RECURSOS COS QUE CONTAN”

Na actualidade, enunciou, “lonxe do que se poida pensar, estas agrupacións populares musicais gozan de moi boa saúde, a pesar dos escasos recursos cos que contan, xa que incluso están aparecendo novas formacións en concellos nos que non existía tal tradición”.

Proba desta evolución positiva e da cada vez maior calidade na formación musical que reciben as músicas e músicos das bandas galegas é, concluíu, a súa presenza en “prestixiosos” conservatorios europeos e a consecución de prazas estables en destacadas orquestras sinfónicas de Europa e Estados Unidos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06