Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Pablo Arangüena pídelle á Xunta que paralice a parte das obras de peonalización da OU-536 deseñadas en beneficio exclusivo da familia Baltar

Alerta de que esas actuacións transcorren xusto enfronte das propiedades do presidente da Deputación de Ourense e pide que se dedique o orzamento previsto a outras finalidades de interese público e xeral que contribúan ao desenvolvemento da provincia

O deputado socialista Pablo Arangüena vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento para pedirlle á Xunta que paralice as obras de peonalización da estrada OU-536, no treito que transcorre xusto enfronte das vivendas e propiedades do presidente da Deputación de Ourense e da súa familia, no concello de Esgos.

Arangüena explica que ese tramo de senda peonil ten un quilómetro de lonxitude, que custará 366.666 euros e que “comezará xustamente na vivenda do presidente da Deputación e comunicaraa coas do resto dos seus familiares ou a nave onde Baltar pai almacena a súa colección de coches clásicos”.

Tras lembrar que esas propiedades se atopan nunha zona especialmente despoboada, “a diferenza doutras polas que discorren esa estrada e de moitísimas outras de titularidade autonómica”, Arangüena alerta de que “a obra ten unha relación custo-beneficio moi negativa agás para o presidente da Deputación”. Polo tanto, todo apunta a que “o único criterio que se seguiu para decidir esta actuación foi o de beneficiar en exclusiva á familia Baltar”.

Neste contexto, o parlamentario do PSdeG tamén demanda que, ademais de paralizar estas actuacións, a Xunta destine o orzamento previsto a esta parte da obra “a outras finalidades de interese público e xeral que contribúan, ademais, ao desenvolvemento de Ourense”.

Ademais, Pablo Arangüena pregúntalle ao goberno galego cal é o motivo de que dos 71 quilómetros de estrada que hai entre Ourense e Pobra de Trives, unicamente se fagan obras en 3 quilómetros e 1 estea, precisamente, radicado fronte ás vivendas da familia do presidente da Deputación. Tamén quere saber se existe algún estudo ou informe “que xustifique a conveniencia de construír sendas peonís xustamente nese lugar”. Asemade pregunta cantos dos 5.500 quilómetros de estradas de titularidade autonómica ten previsto peonalizar a Xunta, como fai co tramo que transcorre fronte ás vivendas da familia Baltar.

Na súas iniciativas, o deputado socialista explica que a conselleira de Infraestruturas presentou recentemente o proxecto polo que a Xunta de Galicia ten previsto investir 1,1 millóns de euros procedentes do FEDER na construción de sendas peonís na estrada de titularidade autonómica OU-536, que une Ourense con Pobra de Trives. “Un terzo dese importe”, subliña, “corresponde ao tramo situado fronte ás vivendas e propiedades do presidente da Deputación de Ourense, do seu pai, da súa cuñada e da familia da súa muller”.

A maiores, afonda en que entre Ourense e Pobra de Trives discorren 71 quilómetros, dos que unicamente van ser peonalizados tres quilómetros en dous tramos. Un deles será de dous quilómetros, en Pereiro de Aguiar; e outro será de un quilómetro no concello de Esgos. É este último o que coincide fronte a esas vivendas da familia Baltar e a nave onde o ex-presidente da Deputación almacena a súa colección de coches clásicos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04