Categorías: Actualidade

Julio Torrado acusa á Xunta de utilizar a todo o sector marisqueiro como “refén” para “facer a guerra” contra o goberno central

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, acusou hoxe á Xunta de utilizar ao sector marisqueiro como “refén” para “facerlle a guerra” ao goberno central. Así o dixo na comparecencia da conselleira do Mar no Parlamento, onde confirmou que a Xunta renuncia a presentar o expediente que permitiría desbloquear o Plan Xeral de Ordenación Marisqueira para os próximos 3 anos.

O parlamentario socialista lembrou que mesmo a semana pasada o PP rexeitou unha proposición non de Lei presentada polos socialistas e o BNG pedindo a transferencia da competencia sobre o dominio público marítimo – terrestre para Galicia, pedindo o expediente do Plan Xeral e pedíndolle ao Estado que retirara o recurso contra este Plan.

Explicou que coa transferencia “resolveríamos o problema ad futurum”, e presentando o expediente resolverían o problema actual, pero PP e Xunta se teñen negado reiteradamente, e levan 12 anos sen reclamar nin unha soa transferencia para Galicia. Sinalou que “non vamos ser partícipes dunha feira” e esixiulle ao PP e á conselleira do Mar que expliquen “por que votaron en contra”, e apuntou que “igual lles gusta que o goberno presentara o recurso porque están na guerra”.

O responsable socialista explicou que tanto a Lei de Costas –art. 112.d- coma a Lei de Pesca de Galicia –art. 30.1- obrigan á Xunta a presentar o dito expediente ante o Estado, xa que é quen ten as competencias sobre o dominio público marítimo – terrestre, precisamente onde se desenvolve a actividade marisqueira.

Torrado denunciou que a Xunta leve 6 meses negándose a presentar o informe que lle reclamou o goberno de España ata en dúas ocasións, provocando unha situación delicada para as familias de mariscadores pendentes do Plan de Ordenación Marisqueira. Sinalou que “se estas familias saben que o seu problema se resolve presentando o informe igual non lles parece ben que a Consellería non faga o seu traballo”.

Julio Torrado denunciou a estratexia de conflito permanente adoptada polo goberno galego, e lembrou o exemplo da Lei de Cambio Climático que hoxe lembrou o propio PP. Naquel caso, dixo, logo de anunciar un recurso diante do constitucional en contra da Lei, cando chegou o momento se abstiveron, e sen embargo votaron en contra da modificación do artigo que blindaba as explotacións en dominio público marítimo – terrestre que eles mesmos pedían.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10