Categorías: Actualidade

O PP veta a iniciativa socialista para elaborar un novo modelo eólico en Galicia contando coa participación de todos os sectores implicados

Martín Seco esixe “moito sentidiño” ante a instalación de novos parques eólicos, xa que, malia ser “firmes defensores da implantación das enerxías renovables”, hai que darlle “seguridade á cidadanía” e respectar “o noso patrimonio cultural, o noso ambiente e a nosa paisaxe”

O PP vén de vetar a iniciativa socialista para democratizar e elaborar un novo modelo eólico en Galicia. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento de Galicia logo de votar en contra dunha moción do PSdeG neste senso.

“Pedir cambios non é estar en contra do sector das empresas eólicas”, reivindicou Seco, que incidiu en que “somos firmes defensores da implantación de enerxías renovables e na loita contra o cambio climático en Galicia, pero necesitamos que o goberno galego faga un esforzo para darlle seguridade á cidadanía de que a instalación de novos parques vai respectar o noso territorio, a calidade de vida dos cidadáns do rural, a viabilidade das explotacións agrarias e gandeiras, o noso patrimonio cultural, o noso ambiente e a nosa paisaxe”.

Deste xeito, o responsable socialista sinalou a “importancia” dun sector que “representa case un 1% do PIB galego” e “aporta miles de postos de traballo”; pero, incidiu, “Galicia xa ten unha forte implantación de enerxía eólica” que supón “moita máis que na maioría das autonomías do noso país”, polo que “todo proxecto que chegue a Galicia deberá ser analizado con moito sentidiño”.

“Fagan algo por demostrarlle á cidadanía galega que o goberno está ao seu carón e que non traballan para beneficiar os intereses das grandes compañías enerxéticas deste país, esas mesmas que despois, cun portazo xiratorio, colocan á súa compañeira Beatriz Mato no consello de dirección dunha empresa do sector”, subliñou, “pasando a dirixir unha empresa sobre a que tomou decisións dende a Consellaría de Medio Ambiente que dirixiu”.

Así a todo, Seco denunciou que a Xunta “nunca fixo políticas medio ambientais” en 12 anos. Malia isto, sinalou, semella que “unha vez máis, o malévolo Sánchez é o culpable de todo” xa que “o único que se lles ocorre ante o inmenso problema que ten o noso país é culpabilizar ao goberno do estado para pedirlle que non tramite os proxectos que, por ser da súa competencia, teñen que avaliar”.

URXE “MELLORAR AS RENDAS QUE CHEGAN AOS PROPIETARIOS”

Por todo isto, Seco pediu ao goberno galego que “abra un proceso de negociación” para “chegar a un novo plan sectorial”, xa que “o que temos quedou anticuado”. Así, incidiu na importancia de estudar a situación actual, decidir onde poden situar novas infraestruturas, determinar cales son as zonas a preservar, así como que regulamento debe seguirse ante a colocación destes muíños “que mudaron moito dende o inicio da súa instalación” nos anos 90.

Ademais, urxiu á Xunta a “mellorar as rendas que chegan aos propietarios, equilibrando as negociacións entre promotores e propietarios”, ademais de crear unha “base pública de información de prezos alcanzados nas negociacións para informar á poboación”, xa que a implantación do eólico ten que ter “unha maior repercusión económica” tanto nos concellos como nas comunidades do rural.

Nesta liña, propuxo tamén modificar o regulamento para establecer que o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental “sexan establecidos pola potencia instalada no parque eólico, utilizando a recadación íntegra para actuar sobre melloras nos concellos e nas comunidades locais afectadas pola instalación”; e que, ao igual que fai o Principado de Asturias, nos terreos das comunidades de montes veciñais, “o canon ou renda non poida ser inferior ao 3% do valor dos beneficios obtidos pola promotora”.

En canto ao eido ambiental, pediu que se amplíe a Rede Natura e que se protexan as “valiosas” zonas húmidas de Galicia. Así, esixiu que se aumente a distancia mínima das instalacións eólicas respecto a vivendas, explotacións agrícolas e gandeiras “para compensar a tendencia de instalar muíños cada vez máis grandes”.

“Os propios promotores eólicos din que, na actualidade, isto é a lei da selva”, censurou o responsable socialista, quen instou á Xunta a “modificar xa a lei do eólico” para “ofrecer garantías” á cidadanía e avanzar “cara un modelo eólico máis democrático”. “Teñen que empezar a preguntarse cal é o camiño que quere tomar o Partido Popular”, concluíu

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08