Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para asegurar a participación equilibrada de homes e mulleres nos órganos superiores e de dirección da Xunta

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe parcialmente unha moción presentada polo Grupo Socialista para garantir a participación equilibrada de homes e mulleres nos órganos superiores e de dirección da Xunta. A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou esta iniciativa que tivo que transaccionar co PP para aprobala cando menos parcialmente.

Lamentou que o PP impedira aprobar o apartado que fixaba a igualdade de xénero como requisito para a participación da Xunta nos consellos de Administración e que “deixe de ser papel mollado”. A responsable socialista reclamaba que a Xunta deixara de participar en ningunha sociedade que incumprira os criterios de equilibro entre xéneros nos consellos de administración fixados pola Lei 3/2007, pero o PP tumbou este apartado ao pedir votalo por separado..

Si que foi aprobado sen embargo asegurar a participación equilibrada entre homes e mulleres nos órganos superiores e de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, así como en tódolos seus entes instrumentais. Díaz reclamaba fixar a igualdade como como “requisito sine qua non na actuación das administracións públicas e na composición dos órganos de toma de decisión”.

A parlamentaria socialista chamou a “rachar cos malditos teitos de cristal, esas barreiras invisibles” construídas “sobre a base de construcións culturais androcéntricas moito máis difíciles de identificar e tamén de romper”. Advertiu de que “a cuestión da invisibilidade das mulleres nos centros de toma de decisión é un problema social que existe e que é inadmisible en democracia, por canto constitúe un grande obstáculo para o desenvolvemento social”.

Next Generation

A proposta aprobada hoxe incorpora ademais un apartado para reclamarlle á Xunta que asegure a presenza da perspectiva de xénero nos proxectos presentados pola administración autonómica aos Fondos Next Generation EU e garantir “o equilibro entre homes e mulleres en todos os órganos de decisión destes fondos”. Sinala que “de non ser así contradiríase a propia filosofía destes fondos, que teñen a igualdade de xénero como un dos seus grandes eixos”.

Apelou deste xeito á sociedade privada creada pola Xunta para xestionar a recuperación económica de Galicia, que foi inaugurada cunha dirección integrada só por homes. Acusou ao goberno galego de intentar “xustificar o inxustificable” anunciando que estaría dirixido por unha muller só despois de atender á contestación social pola configuración deste órgano.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

  1. Procurar atender á participación equilibrada entre homes e mulleres que establece a disposición adicional primeira da Lei Orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes en todos os órganos superiores e de dirección da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, así como en todos os seus entes instrumentais.

  1. Facer efectivo o acordo aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia na súa sesión do 9 de marzo de 2021, que insta á Xunta de Galicia a asegurar que a perspectiva de xénero estea presente nos proxectos presentados pola Administración galega aos Fondos Next Generation, procurando atender, ademais, o equilibro entre homes e mulleres en todos os órganos de decisión destes fondos”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13