Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero visita Chantada e demanda á Xunta axudas directas para o sector vitivinícola e un plan de recuperación dos viñedos para paliar as consecuencias do granizo

O líder do PSdeG subliña que “máis alá das visitas do conselleiro, son necesarias medidas económicas” para apoiar a produtores e adegueiros logo dun ano “moi difícil” a causa da covid

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Chantada para avaliar os danos ocasionados nos viñedos pola tormenta de pedrazo dos últimos días.

Dende alí, o máximo dirixente do PSdeG reclamou ao goberno galego un plan de axudas directas para o sector vitivinícola de Chantada. “Máis alá das visitas do conselleiro, son necesarias medidas económicas”, demandou Gonzalo Caballero, logo de instar á Xunta a “que se comprometa de forma efectiva” con produtores e adegas.

“Caeu pedrazo e sarabia cunha enorme intensidade e eliminou as posibilidades de recolleita do sector do viño, que é fundamental para toda esta bisbarra”, subliñou o líder socialista, quen recalcou que este fenómeno meteorolóxico no mes de xuño “amosa que o cambio climático está aquí”.

Por iso, Gonzalo Caballero urxiu á Xunta a que “converta en prioritario” o sector vitivinícola nesta contorna logo de que vivise un “ano difícil” pola crise da covid e que “agora ve como todas as súas perspectivas económicas están en risco ou, directamente, desapareceron”.

PLAN DE RECUPERACIÓN DOS VIÑEDOS

Á marxe das axudas económicas, o secretario xeral do PSdeG instou á Xunta a desenvolver un plan de recuperación dos viñedos que “mobilice inmediatamente ao persoal da consellería para que se estudie a situación”.

Trátase, dixo, de “favorecer a recuperación das plantacións e da produción” no menor tempo posible e de que os técnicos da consellería ofrezan un asesoramento “que permita aos produtores saber como tratar as cepas para que poidan sobrevivir” aos danos ocasionados.

“A Xunta ten que declarar un interese prioritario nesta cuestión e tomar todas as medidas xurídicas e económicas: ten que volcarse con estes produtores”, concluíu.

Na visita tamén estiveron o secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga; os deputados autonómicos Noa Díaz, Martín Seco e Luis Álvarez; a deputada no Congreso por Lugo, Ana Prieto; e a voceira socialista en Chantada, Raquel López, entre outros concelleiros socialistas da bisbarra.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08