Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero urxe á Xunta a “traballar a carón dos concellos” dando información detallada sobre a evolución da covid e fondos extra para limpeza dos centros escolares

O secretario xeral sinala que “parece que Feijóo desconfía” dos concellos, porque “nin dialoga” con eles nin colabora co seu financiamento

O presidente da Fegamp insta á Xunta a “cambiar a súa forma de relacionarse” cos concellos, que teñen que ser “partícipes na toma de decisión das cuestións que despois teñen que xestionar”

Santiago, 24 de setembro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, urxiu este xoves á Xunta a “traballar a carón dos concellos” dándolles información detallada sobre a evolución do coronavirus en cada territorio e asumindo os fondos extra que están requirindo para afrontar os gastos derivados das maiores medidas de limpeza necesarias en centros escolares e vías públicas.

Así o dixo Gonzalo Caballero ante os medios de comunicación logo de manter, en compañía do presidente do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, unha xuntanza cos alcaldes e alcaldesas socialistas na dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias, encabezados polo seu presidente, Alberto Varela.

Nun contexto no que a Xunta, como sinalou o líder do PSdeG, “non fixo os deberes” nin no relativo á volta ás aulas nin ás garantías para as residencias de maiores fronte á covid, agora ten que “abrir unha etapa de colaboración coas administracións máis próximas” á cidadanía como son os concellos.

Neste senso, Gonzalo Caballero reclamou ao goberno galego que dea información aos concellos sobre o número de contaxios que hai en cada municipio e sobre a evolución do virus, toda vez que a información é “necesaria para tomar as medidas oportunas” tamén dende o eido local. “Que pasaría se as comunidades non tiveran os datos sobre o número de contaxios en cada unha?”, comparou.

En paralelo, o máximo dirixente do PSdeG incidiu en que a Xunta ten que asumir os gastos de limpeza e desinfección dos centros escolares, que supoñen un incremento importante de custes sobre todo para os concellos máis pequenos. “Ten que haber un acordo da Xunta coa Fegamp”, determinou.

Ademais, defendeu a necesidade de avanzar no “gran acordo de país” que se necesita incluíndo tamén aos concellos. “Hai que definir os proxectos estratéxicos que requiren fondos da Xunta, do Estado e da UE”, sinalou, partidario de “aproveitar todas as sinerxias” para non perder fondos.

Tras formular estas peticións, Gonzalo Caballero sinalou que “parece que Feijóo desconfía” dos concellos de Galicia, cos que “nin dialoga” nin colabora co seu financiamento. De feito, recordou que el mesmo demandou a pasada primavera a creación dun fondo extraordinario de 300 millóns de euros para os municipios, se ben a Xunta non o habilitou e agora habería xa que “actualizar” esas contías.

“NON É ADMISIBLE”

Pola súa banda, o presidente da Fegamp fixo fincapé na necesidade de que a Xunta “cambie a súa forma de relacionarse” cos concellos, unhas administracións que son “maiores de idade” e que carecen de información do goberno autonómico.

“Temos que ser partícipes na toma de decisión das cuestións que despois temos que xestionar directamente”, subliñou Alberto Varela, antes de citar as medidas relativas ao inicio do curso escolar, as tarefas de limpeza e desinfección tamén de parques infantís e zonas públicas ou as reducións de aforos.

“Non pode ser o que ocorreu en Vilagarcía, que eu como alcalde non saiba a dimensión dos contaxios de covid pero que de repente me chamen para dicirme que esa mesma tarde se publican no Diario Oficial de Galicia as restricións”, evidenciou, consciente de que ter “información periódica” sobre a pandemia permite “traballar mellor”.

“A transparencia nunca é errada”, proseguiu o rexedor vilagarcián, ao tempo que deixou claro que “non é admisible” que, mentres a Xunta reclama fondos ás administracións superiores, decida que os concellos de Galicia “se apañen” cos recursos que tiñan.

“Houbo translación de cartos dende a UE ao Estado, e dende o Estado ás comunidades”, recordou Varela, quen remarcou que “os concellos non podemos pasar esta situación cos fondos que tiñamos, porque os gastos agora son extraordinarios”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41