Categorías: Actualidade

O Plan de reactivación da Cultura da Xunta é “insuficiente, equivocado e un mero parche”

A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, sinalou hoxe que o Plan de Reactivación do sector cultural previsto pola Xunta para facer fronte á crise da covid resulta “a todas luces insuficiente”, que segue unha “estratexia equivocada” excesivamente centrada no Xacobeo, e limitado a reformular medidas xa existentes. Díaz presentou unha pregunta oral en Comisión na que esixiu reorientar estas axudas duplicando os fondos con liñas de apoio dialogadas co sector.

Díaz sinala que a proposta do goberno galego, que rolda os 10 millóns de euros específicos para o sector cultural, resulta “un intento de reprogramación de alcance insuficiente e carente de medidas de calado”, e excesivamente centrado no Xacobeo. Ademais, “peca dunha insuficiencia de músculo financeiro, quedando moi curto”, provocando a contestación do sector conta un plan “baleiro de contido e inconcreto”, carente de estratexia, aprobado sen consultar con eles.

A parlamentaria socialista reclama unha reorientación das medidas de apoio do goberno galego ao sector cultural, por canto “é posible duplicar os fondos asignados aos diversos programas, aplicando recursos novos en vez de limitarse a reaxustar as partidas xa existentes”. Reclamou “como punto de partida”, que os próximos orzamentos da Xunta acaden o 1 por cento do total de gasto público, tal e como demanda o Consello da Cultura Galega.

Medidas de apoio

O Grupo Socialista reclama así o reforzo da programación para recuperar os eventos aprazados durante 2020 de forma paralela ou complementaria ao Xacobeo, unha liña de crédito para a reactivación cultural, unha liña específica para o emprendemento cultural ou a colaboración entre CRTVG, Agadic, CRTVE e o Igape para recuperar a produción de produtos audiovisuais e outros paralizados durante 2020.

Reclama “unha mesa de diálogo permanente” cos principais axentes culturais para elaborar unha estratexia sectorial a medio e longo prazo que permita salvar unha situación “dramática” para o sector. Sinalou que as previsións realizadas polo grupo de estudo da USC estima que a pandemia pode ter un impacto na cultura de entre os 100 e 120 millóns de euros, e unha perda masiva de empregos, entre os 2.000 e os 11.000 profesionais, no peor dos casos.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06