Categorías: Eleccións 2019Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Somos a barreira de defensa dun galeguismo progresista e comprometido”

O secretario xeral fai un chamamento á “mobilización masiva” no ecuador de campaña porque “as dereitas van tentar gañar en maio o que non gañaron en abril”

Betanzos, 17 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reivindicou este venres, Día das Letras Galegas, que “somos a barreira de defensa dun galeguismo progresista e comprometido que pon aos galegos e ás galegas por riba” fronte a “intereses espurios” e ao risco de “retroceso” que implican pactos como o da dereita coa ultradereita en Andalucía.

“Poñen en risco os avances de Galicia para que a nosa lingua teña un uso con total normalidade e cooficialidade”, advertiu Gonzalo Caballero, antes de sinalar a Feijóo que tamén o noso autogoberno se vería comprometido por ese tipo de acordos do PP con forzas como Vox.

Por iso, xusto no ecuador da campaña, o líder dos socialistas galegos fixo un chamamento á “mobilización masiva” nestas eleccións municipais e a non confiarse polo “enorme éxito” que vaticinan as enquisas. “Porque o PP e todas as dereitas van tentar gañar en maio o que non gañaron en abril”, resaltou.

“Fronte á euforia e á satisfacción anticipada, temos que ser cautos e pedir a cada galego que quere progreso e avance que hai que ir votar”, incidiu Gonzalo Caballero, consciente de que o PP quere “celebrar con Ciudadanos e Vox” nestes comicios municipais o que non puido celebrar nas xerais.

Así é que o máximo dirixente do PSdeG advertiu a “todo o progresismo galego” de que “ningún voto pode quedar na casa” porque o día 26 hai “un reto que esixe o compromiso de todos”. “Non hai nada feito”, recalcou, partidario de “non levar un susto” ao día seguinte das eleccións.

BETANZOS

No que atinxe a Betanzos, Gonzalo Caballero sinalou que a candidatura encabezada pola alcaldesa, María Barral, é “a mellor mostra de como facer política para a xente”.

“María é a mellor alcaldesa que pode ter Betanzos”, engadiu, toda vez que se trata dunha muller “comprometida, con experiencia e co impulso de ter moitas ganas de traballar polo seu concello”.

Pola súa banda, a rexedora explicou que a súa “prioridade” son “as persoas”, e situou como “imprescindible” acadar neste mandato un centro de día comarcal.

“É unha débeda pendente da Xunta”, recordou María Barral, ao tempo que garantiu traballo para que a súa vila siga sendo “unha referencia” no ámbito social, cultural e turístico dentro da comunidade.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08