O líder do PSdeG subliña a importancia das bonificacións cando “reverten directamente sobre o peto dos galegos e galegas”
O secretario xeral das e dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, referendou hoxe a posición favorable do PSdeG á rebaixa de peaxes e á transferencia da AP-9 a Galicia.
“O prioritario para nós é a histórica rebaixa das peaxes, pero tamén respaldamos a transferencia da autoestrada a Galicia, sempre que esta non poña en perigo ou sexa un obstáculo para a rebaixa”, sinalou o máximo dirixente do PSdeG.
Así, Gonzalo Caballero asegurou que “mantemos a nosa posición sobre a transferencia tal como defendemos, pero o primeiro para o PSdeG, agora mesmo, é a rebaixa”. “Queremos que ambas cuestións sexan unha realidade, pero as bonificacións son o urxente, xa que é o que reverte directamente sobre o peto dos galegos e galegas”, incidiu.
“Parece que a concesionaria non está conforme coas rebaixas, polo que non sabemos como vai reaccionar a empresa ante o Estado, xa que o goberno si vai rebaixar as peaxes”, subliñou Gonzalo Caballero, quen destacou que nos atopamos ante “unhas semanas centrais” para a execución da rebaixa, polo que “cómpre ver como evoluciona a negociación con Audasa, así como os informes preceptivos”.
Por último, o líder das e dos socialistas galegos reivindicou as bonificacións do goberno progresista de Pedro Sánchez e do ministro Ábalos como “un feito histórico para a mobilidade en Galicia” cando o compromiso vaise materializar durante 27 anos de bonificacións para acabar co “regalo envelenado” que supuxo a ampliación da concesión da AP-9 que asinou Aznar ata 2048.
Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…
Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…
O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…
O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…
O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…