Categorías: Actualidade

Noa Díaz reclámalle á Xunta que demostre “clara vontade por traballar na información, prevención e sensibilización fronte á violencia de xénero na contorna dixital”

A portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Noa Díaz, reclamoulle hoxe á Xunta que incorpore o “traballo na información, prevención e sensibilización” na contorna dixital á acción fronte á violencia de xénero. Así o dixo no debate da proposición de Lei para incorporar a violencia de xénero no eido dixital á Lei para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que hoxe comezou o trámite parlamentario.

A responsable socialista saudou esta iniciativa parlamentaria, presentada polo PP, pero sinalou que “nos gustaría que a vontade do PP nesta materia se manifestase tamén na reivindicación de medidas que acompañen este novo marco normativo”. Apuntou neste sentido que “está ben lexislar, pero de igual modo hai que educar e sensibilizar” fronte a estas novas formas de violencia machista incrementadas logo do confinamento” e nas que “en Galicia queda moito por facer”.

Puntualizou que “acompañando esta Lei deben poñerse en marcha plans ambiciosos de sensibilización e información para identificar esas novas figuras de ciberacoso e previr a súa aparición, así como para ofrecer recomendacións e recursos para obter a axuda precisa”. Considera “indispensable dispor de profesionais en tódolos ámbitos, capaces de intervir da maneira máis axeitada ante este tipo de casos, e pautas de intervención con protocolos rigorosos”.

Ademais, Díaz afeoulle ao Grupo Popular que presente este texto como iniciativa propia en lugar de incorporala como emenda á Lei actualmente en trámite para incorporar a violencia vicaria á Lei contra a violencia machista. Desta forma permitiría ter incorporada esta iniciativa á lexislación antes do verán, gañando un tempo moi valioso para as vítimas.

Alertou de que “cada vez son máis os casos graves de violencia machista no ámbito virtual que se prolongan no tempo, e que a vítima soporta e tolera sen denunciar os feitos, moitas das veces por descoñecemento”. Explicou que, de acordo con recentes estudos, as mulleres “socialmente estamos mais preparadas para previr o impacto e agravio nas violencias analóxicas, onde xa existen códigos implícitos de supervivencia e mesmo de solidariedade arraigados”.

Redes sociais

A xeneralización das redes sociais, explica, ofrece un novo campo de actuación para a violencia machista, que “muta cos tempos e demostra unha terrible capacidade de adaptación”. Ademais, estase manifestando cada vez a idades máis temperás, nunha mocidade que ten nas redes o principal medio de comunicación, pero que son unha ferramenta “lamentablemente moi útil para controlar, vixiar, presionar ou desprestixiar aproveitando o anonimato e a gran repercusión da rede”.

Noa Díaz comezou a súa intervención amosando a solidariedade e respecto dos socialistas galegos coas familias e as amizades das 21 mulleres vítimas de violencia machista asasinadas no Estado no que vai de ano, así como os dous menores tamén asasinados, da nena secuestrada e os 7 menores que quedaron orfos e orfas tamén vítimas desa violencia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28