Categorías: Actualidade

A xornalista viguesa Noelia Otero toma posesión como nova deputada do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia

Otero substitúe á deputada Isaura Abelairas, quen faleceu hai tres semanas logo dunha longa enfermidade

A xornalista viguesa Noelia Otero tomou hoxe posesión como nova deputada do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia para substituír á deputada Isaura Abelairas, quen faleceu hai tres semanas logo dunha longa enfermidade.

Licenciada en Xornalismo pola Universidad Antonio Nebrija e con título de especialista en Información Internacional e Países do Sur pola Universidad Complutense de Madrid, Otero concorreu ás pasadas eleccións autonómicas no número 6 da candidatura socialista pola provincia de Pontevedra como independente.

Cunha acreditada traxectoria profesional, Otero comezou a súa carreira en Onda Cero Vigo, onde traballou entre 2004 e 2005. Despois desta experiencia, exerceu como editora e locutora, durante dez anos, en Radio Vigo-Cadena SER.

A continuación, incorporouse como directora e presentadora de diversos programas en Televisión de Galicia, a través de Produtora Faro, cargo que exerceu durante tres anos, para máis tarde dar o salto á televisión nacional ao incorporarse a Telecinco como reporteira xornalista en El Programa de Ana Rosa, a través da produtora Unicorn TV.

Noutra orde de cousas, en 2020, traballou como directora e coordinadora do Laboratorio de Ideas do PSdeG. E, o último ano, volveu á televisión para codirixir o programa Las Cosas Claras de Televisión Española.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23