Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta ao conselleiro de Educación a dar solución á problemática de 70 familias con nenos e nenas escolarizados con discapacidade

O líder do PSdeG mantén un encontro coa Plataforma de Anpas de Centros de Educación Especial de Galicia en compañía das voceiras socialista de Cultura, Noa Díaz, e Política Social, Marina Ortega

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, reclamoulle hoxe ao conselleiro de Educación que lle dea resposta á problemática das 70 familias galegas con nenos e nenas con discapacidade escolarizados en centros de educación especial.

Caballero mantivo un encontro esta mañá no Parlamento de Galicia coa Plataforma de Anpas de Centros de Educación Especial de Galicia, na que tamén participaron as portavoces de Cultura e Política Social do Grupo Socialista, Noa Díaz e Marina Ortega, respectivamente.

Caballero reclamoulle á Xunta que prorrogue o próximo curso, tal e como sucedeu no actual, a escolarización destes rapaces e rapazas unha vez que superen os 21 anos e cando así o soliciten, e requiriu ademais que as consellerías de Educación e Política Social procuren solucións educativas e residenciais coordinadas para estes alumnos e alumnas. Ademais, demandou protocolos para desenvolver nestes centros os servizos de terapia ocupacional e axuste persoal e social que necesiten.

O Grupo Socialista defenderá unha iniciativa neste sentido esta mesma semana no Parlamento, onde presentará a situación das familias con nenos e nenas con necesidades educativas especiais no momento de rematar a escolarización aos 21 anos. Así, alertará da falla de centros de día e residenciais onde poidan seguir sendo atendidos, o que provoca listas de agarda de ata dous anos en moitos casos.

Gonzalo Caballero apunta que a Xunta “debe buscar unha solución urxente a esta falta de prazas e, mentres tanto, dar algún tipo de alternativa ás familias”, e prorrogar a medida do curso pasado sería unha delas.

Apunta que a Consellería de Educación acordou que o curso que agora remata, atendendo á complicada situación educativa pola pandemia, se mantería a escolarización dos nenos e nenas de 21 anos ou máis que non acadaran a avaliación positiva nos programas formativos de FP básica e de preparación para a vida adulta.

Agora os socialistas galegos reclaman que a excepcionalidade se prolongue un curso máis debido á situación actual, ou “a lo menos ata que as consellerías de Política Social e de Educación atopen unha solución a esta anómala situación de desprotección destes rapaces e rapazas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13