Categorías: Actualidade

Julio Torrado considera “erróneo, maquiavélico e perigoso” que a Xunta limite a situación laboral dos profesionais sanitarios a “unha cuestión de cartos”

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, criticou hoxe que a Xunta limite os problemas laborais dos profesionais sanitarios a “unha cuestión de cartos”, o que, dixo, “é erróneo, maquiavélico e perigoso”. O responsable socialista presentou unha moción para reclamarlle ao goberno galego un plan de reforzo do persoal e mellora da estabilidade “posible e inmediato” que o PP rexeitou.

Acusou á Xunta de xeneralizar unha xestión administrativa “caciquil, errónea e sistemática”, logo de lembrar tanto as sentenzas xudiciais contra a contratación temporal “torticeira e fraudulenta” e as conclusións do Consello de Contas, alertando das eivas do Sergas á hora de presentar as contas. Torrado propuxo unha visita institucional da Comisión de Sanidade a 10 centros de saúde aleatorios para escoitar de primeira man a situación laboral real dos profesionais sanitarios.

O responsable socialista desmentiu que os médicos rexeiten contratos de 60.000 euros anuais por 3 anos cun horario de 8 a 3 nos centros de saúde, como teñen afirmado ata en tres ocasións tanto dende a Consellería de Sanidade como dende o PP. Sinalou que “esta proposta non existe, é unha trampa”, e criticou que “con tal de botar culpas fora están chegando a mentir sobre os profesionais”.

Ademais, engadiu, trátase dun argumento “maquiavélico” para poñer o problema “enriba dos profesionais” e “perigoso” por canto “deixa ás claras que interpretan a sanidade como un ben de mercado, e non se trata unicamente dun problema de cartos”. Lembroulle ao goberno galego que “dirixen a totalidade do sistema” e criticou que se centren tan só “en algúns aspectos”, obviando a precariedade laboral dos profesionais sanitarios.

Explicou que en contra da afirmación da Xunta, que sitúa a eventualidade nun 8 por cento, en realidade está “por riba do 20 por cento”, chegando ao 35 por cento en algunhas áreas, segundo relevou o doutor Vázquez Lima na Comisión de Reconstrución do Parlamento. Finalmente, desmentiu a suposta falla de profesionais lembrando que nas oposicións para 2019 de 800 prazas de enfermaría presentáronse 8.000 aspirantes “que seguen aí, non desapareceron co vento”.

Torrado advertiu de que hoxe Galicia carece de 150 prazas MIR adicionais pola decisión política do goberno galego de non pedilas cando o tiña autorizado. Lembrou que os socialistas galegos están a favor de pedir a supresión da taxa de reposición para permitir contratar tantos profesionais como se xubilen, un estremo xa debatido na Comisión de Reconstrución do Congreso, onde nin o PP nin o BNG a apoiaron.

Lembrou que o Grupo Socialista presentou en 2020 unha proposta nese sentido co engadido de que, ao retirarse esa norma, a Xunta se comprometera a contratar todas as prazas baleiras pero que non foi aprobada porque precisamente o PP votou en contra.

O responsable socialista criticou que o goberno galego loe aos profesionais sanitarios pero á hora da verdade os teña desatendidos, comparándoo coa decisión do seleccionador nacional de deixar fóra da Eurocopa ao delanteiro do Celta de Vigo Iago Aspas “e miren como lle vai agora a Luis Enrique”, en risco de que o equipo quede eliminado.

Proposta

O responsable socialista defendeu hoxe unha proposta para reclamarlle á Xunta que elabore un informe sobre a situación laboral específica da eventualidade no Sergas, e que inicie durante o ano 2021 un plan estratéxico de reforzo do cadro de persoal e mellora da estabilidade no Sergas. O obxectivo, dixo, de incrementar o cadro de persoal en 5.000 novas prazas e reducir o nivel de eventualidade ata o 5 por cento no horizonte de 2024.

O Grupo Socialista reclamou incorporar ao cadro de persoal “cando menos a todo o persoal que teña encadeado contratos eventuais de maneira regular no Sergas por un volume igual ou superior aos 300 días durante os últimos dous anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41