Categorías: Eleccións 2019Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero sitúa ao PSOE como “o único voto útil para poñer fin á dinastía Baltar” na Deputación de Ourense

O secretario xeral pide “non dar nin un paso atrás” fronte aos “riscos de involución” que traen consigo os pactos da “dereita reaccionaria”

Castro Caldelas, 18 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe dende Castro Caldelas a aumentar o número de alcaldes e alcaldesas socialistas en Galicia a partir do vindeiro día 26 e a reeditar o éxito das pasadas eleccións xerais en España e en Galicia.

“É o anticipo do gran éxito municipal que imos ter”, proclamou Gonzalo Caballero nun mitin no castelo de Castro Caldelas no que estivo arroupando a Sara Inés Vega para seguir sendo alcaldesa, e presentou ao PSOE como “o único voto útil para poñer fin á dinastía Baltar” na Deputación de Ourense.

Ao fío diso, prognosticou que “o PP vai perder a maioría absoluta” que ten na institución provincial comezando pola perda do goberno da capital. “Haberá un alcalde socialista en Ourense que será o motor de cambio da provincia”, enfatizou.

En paralelo, o líder dos socialistas galegos reivindicou que “somos o partido da maioría” e a formación que ten loitado “por un país mellor e máis próspero”. E, por iso, chamou a “non dar nin un paso atrás” fronte aos “riscos de involución” nos dereitos de todos e, fundamentalmente, de todas.

Todo isto porque, como sinalou Gonzalo Caballero, a pesares de que agora o PP di que “está centrado”, a realidade é que “se lle deran as contas” tería pactado con Ciudadanos e Vox xa tralas eleccións xerais e amosaría onde está realmente: “na dereita reaccionaria”.

“NON QUEREMOS RETROCEDER”

E coa mesma óptica de que “non queremos retroceder”, o máximo dirixente do PSdeG pediu tamén sinalarlle a Feijóo nestas municipais que “non lle consentimos que dera as costas ao país”.

“Hoxe temos menos xente, máis envellecida, e menos posibilidades de futuro para a xente moza. Ademais, déixanos unha sanidade pública en situación crítica polos seus recortes e privatizacións”, denunciou Gonzalo Caballero, consciente de que hoxe “hai menos persoal e menos camas” neste servizo fundamental.

CASTRO CALDELAS

Finalmente, no referido á Castro Caldelas, o secretario xeral do PSdeG pediu o voto para “unha muller loitadora, capaz de traballar 24 horas ao día” polo seu concello, e que representa “a mellor opción” para este pobo.

A propia Sara Inés Vega pediu o apoio dos veciños e das veciñas para “seguir sendo a vosa alcaldesa”. “Eu non quero nin ir á Deputación nin á Xunta, quero estar aquí”, recalcou a rexedora.

Ademais, denunciou a falta de apoio por parte tanto da Deputación de Ourense como do goberno galego, con exemplos como a negativa da Xunta a acometer as obras de arranxo do centro de saúde.

Fronte a isto, presentou un proxecto centrado en mellorar os servizos sociais e de aposta polo turismo na que é “unha das vilas máis bonitas de España” como xerador de actividade económica e de progreso para a vila.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08