Categorías: Eleccións 2019Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “O voto útil é para ter alcaldes socialistas que defendan a sanidade pública fronte aos recortes de Feijóo”

O secretario de Xustiza do PSOE pide “cómplices para la paz” y que “el vendaval de progreso” que comezou o 28 de abril “contagie a toda Europa”

Ribeira, 19 de maio de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe dende Ribeira, a onde acudiu xunto co secretario de Xustiza do PSOE, Andrés Perelló, para arroupar a José Manuel Vilas, “a todos os que queremos unha Galicia mellor” a participar nas eleccións do vindeiro domingo.

“O voto útil é para ter alcaldes socialistas que defendan a sanidade pública fronte á privada e aos intereses particulares que representa Feijóo”, recalcou Gonzalo Caballero, consciente de que Feijóo déixanos “unha sanidade pública desfeita”, “con problemas en atención primaria, en pediatría e nos PAC, e con máis listas de espera”.

De feito, como recordou o líder dos socialistas galegos, “en cada pobo de Galicia” houbo nos últimos tempos “manifestacións para dicir a Feijóo que queremos unha aposta clara pola sanidade pública, fronte á súa política de recortes e privatizacións” dende a Xunta.

“Votemos por concellos gobernados por socialistas”, recalcou Gonzalo Caballero cando falta exactamente unha semana para acudir ás urnas, non sen advertir de que quen apoie ao PP estará apoiando “os recortes nos servizos, o deterioro da sanidade e a falta de aposta pola atención á dependencia”.

ENQUISAS

Ademais, en alusión ás enquisas que publican hoxe os distintos xornais, o máximo dirixente do PSdeG incidiu en que “por un puñado de votos, xogámonos os concellos e a Galicia do futuro”.

“Se hai unha mobilización masiva, haberá un triunfo socialista”, engadiu, ao tempo que puxo o foco en que “a ultradereita quere entrar nas grandes cidades galegas” e que, co resultado das xerais, acadaría representación nelas.

Por iso, profundou Gonzalo Caballero, que “ninguén se confíe” e deixe de votar o vindeiro domingo. “Porque a ultradereita será o bastón e o aliado do PP”, recalcou sobre a “ameaza de retroceso” que supoñen estes pactos.

“O LÍDER DOS MESTRADOS EN DERROTAS ELECTORAIS”

No caso de Ribeira, proseguiu, tamén “se abre unha nova etapa” co PP “pinchando, dividido, roto e sen referentes”. E, aínda por riba, “hoxe vén o líder dos mestrados en derrotas electorais a poñerlle a puntilla” a Ruiz Rivas e ao PPdeG, chanceou sobre a visita de Casado hoxe mesmo a esta vila.

Fronte a isto, “os socialistas presentamos unha candidatura que combina renovación e experiencia” e que amosa “unidade”. Ao fío disto, o candidato socialista á alcaldía, José Manuel Vilas, sinalou que o seu foi “o único grupo municipal que se mantivo intacto” ao longo deste mandato.

Ademais, como indicou José Manuel Vilas, ten como aval “o traballo realizado nestes catro anos” e “un gran equipo” que lle permitirá “ir a pola alcaldía de Ribeira”.

“CÓMPLICES PARA LA PAZ”

Pola súa banda, o secretario de Xustiza e Novos Dereitos do PSOE puxo en valor que Galicia “se sumara a los vientos de cambio y de progreso” das pasadas eleccións xerais, pero advertiu de que “no es suficiente”.

Referiuse á reunión dos partidos de ultradereita en Milán, na que “están planteando como acabar con Europa”, e contrapuxo esta actitude coa vontade dos socialistas de “plantear como seguir con el desarrollo y el progreso de Europa”.

“Tenemos que ser cómplices de la paz y el progreso en Europa “, incidiu Andrés Perelló, para recordar que as dúas últimas guerras no continente foron a causa de “nacionalismos excluyentes propiciados por partidos estatalistas que cerraban fronteras”. “Como ahora plantean en Italia, Hungría, Francia e España”, advertiu.

Por iso, o dirixente socialista fixo un chamamento para que “el vendaval de progreso que aquí se desató el pasado 28 de abril contagie ahora a toda Europa”. “Un vendaval que pare a la extrema derecha y diga que no, que no queremos más fronteras cerradas ni más individualismos”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08