Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala que os Orzamentos máis sociais sitúan o investimento en Galicia por riba da media do Estado ademáis de comprometer unha baixada histórica das peaxes

O líder dos socialistas galegos e o coordinador da interparlamentaria do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, chaman a PP e BNG a apoiar os orzamentos “máis sociais da historia” que cun enfoque keynesiano defenden ás persoas e rematan as receitas da austeridade

O secretario xeral sinala que Galicia é a sexta comunidade que recibe máis inversión do Estado e que a inversión territorializada por habitante en Galicia é superior á de Cataluña, Madrid ou Andalucía

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, salientou hoxe que os orzamentos do Estado son os máis sociais da historia e son necesarios para protexer á cidadanía fronte á crise. Pediu ao PP e ao BNG que respalden “os orzamentos que priorizan ás persoas, que rebaixan as peaxes da AP-9 e que incorporan un investimento por galego superior á media de España”.

Según detallou Caballero, os orzamentos sitúan o investimento en Galicia por riba da media de España tanto atendendo á poboación como ao nivel de produción. Así o dixo nunha comparecencia para avaliar os orzamentos “máis sociais da historia” xunto co coordinador dos socialistas galegos no Congreso e o Senado, Xoaquín Fernández Leiceaga.

Caballero explicou que estes orzamentos demostran o compromiso inversor do goberno de España e sinala que estes orzamentos son necesarios para Galicia, que recibe 308 euros por habitante fronte aos 258 euros da media de España, por riba de autonomías como Madrid, Cataluña, Valencia ou Andalucía. Ademais, Galicia é a sexta comunidade autónoma con máis inversión, e que responden ademais á débeda histórica da rebaixa das peaxes da AP-9, á que lle dedican 63,2 millóns de euros.

Sinalou que estes Orzamentos teñen un enfoque keynesiano e un claro compoñente social e expansivo, poñendo fin ás receitas da austeridade e dos recortes cos que a dereita afrontou outras crises. Explicou que estas contas afrontan a crise sen deixar a “ninguén na cuneta”, priorizando as pensións, a sanidade ou a educación, así como o investimento de I+D.

Os futuros orzamentos beneficiarán así a 800.000 pensionistas de Galicia, que verán incrementadas as súas prestacións, sinaladamente as Pensións non contributivas, así como aos 150.000 empregados públicos e os cidadáns que necesitan o Ingreso Mínimo Vital. Uns orzamentos, dixo, que equiparan os permisos de maternidade e paternidade e incrementan o esforzo en sanidade, educación, benestar, vivenda ou cultura.

Ademais resultan uns “orzamentos para deseñar o futuro” coa aposta pola I+D+i, o reforzo da industria ou o compromiso coa transición ecolóxica, mentres “priorizan a defensa das persoas por riba de calquera interese”.

O líder dos socialistas galegos chamou ao resto das forzas políticas, sinaladamente a PP e BNG, a demostrar “responsabilidade e unidade fronte á crise”, e pediulles “o seu respaldo” a uns orzamentos necesarios fronte á crise e que favorecen a unha Galicia con salarios e pensións medias máis baixas.

Orzamentos imprescindibles

O coordinador dos socialistas galegos no Congreso e no Senado, Xoaquín Fernández Leiceaga, cualificou os orzamentos de “imprescindibles” cunha aposta expansiva fronte á crise sanitaria para soster a demanda nunha etapa de déficit conxuntural. Puxo o acento ademais na responsabilidade da Xunta para atraer a Galicia máis investimento non territorializado en función das propostas que se formulen para os proxectos europeos.

Trátase dunhas contas sociais, dixo, que benefician aos galegos e galegas tamén coa supresión do copago farmacéutico ás rendas baixas, o reforzo das bolsas de estudantes ou o impulso financeiro á Dependencia. Os orzamentos apostan por soster a actividade económica co reforzo da I+D, ou das políticas industriais, enerxéticas, mirando ao próximo período de fondos comunitarios.

Sinalou o reforzo as infraestruturas nunhas partidas que benefician a Galicia por riba da media unha vez que o investimento do AVE entra na súa recta final, incorporando actuacións fundamentais para as grandes cidades. Neste sentido, citou a depuradora de compostela, o nudo de conexión co Parque de Bombeiros de Pontevedra, a dragaxe da Ría do Burgo, ou a conexión ferroviaria Lugo – Ourense.

Continuou citando a mellora da rede de ferrocarril entre Vigo e Portugal ou a autovía Santiago Lugo. Tamén incorpora a senda temporal de construción das fragatas en Ferrol e a modernización de Astano co taller de subbloques previsto. Unhas partidas as que hai que sumarlle as partidas non territorializadas, como é o caso das partidas para vivenda pública ou as estacións intermodais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08