Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero destaca a “rebaixa histórica” das peaxes da AP-9 con 63,2 millóns de euros a través dos Orzamentos do Estado

O líder do PSdeG resalta os orzamentos “máis sociais da historia”, cos que suben as pensións e os fondos para sanidade, educación, benestar, vivenda e investigación

O secretario xeral subliña que “a prioridade nas persoas é o máis importante para os galegos e galegas” e que a inversión para Galicia supera os 900 millóns de euros, por riba dun 10% sobre o proxecto anterior

Santiago, 28 de outubro de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou hoxe que o goberno presidido por Pedro Sánchez “cumpre cunha demanda histórica de Galicia” ao destinar máis de 63,2 millóns de euros a bonificacións e rebaixas na AP-9 a través dos Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

En concreto, establécese unha partida con novas bonificacións para a AP-9 que o goberno progresista financiará con 50 millóns de euros, no que supón “a maior rebaixa das peaxes da AP-9 na historia”. Ademais, inclúese tamén a gratuidade do tramo de Vigo ata Redondela, así como do Morrazo a Vigo e entre A Coruña e A Barcala.

“É un feito histórico para a mobilidade en Galicia”, destacou o líder do PSdeG, quen fixo fincapé en que esta medida se suma a unha inversión en Galicia por parte do Goberno de Estado do entorno dos 900 millóns de euros, o que supón unha suba aproximada do 10% sobre o total previsto no proxecto de orzamentos para 2019.

De feito, as contas elaboradas polo goberno dirixido por Pedro Sánchez suman máis de 832 millóns de euros nas inversións territorializadas do capítulo VI para Galicia, ás que cómpre sumar os 63 millóns de euros das bonificacións da AP-9 e outras partidas relevantes doutros capítulos en materia de vivenda ou portos.

“OS ORZAMENTOS MÁIS SOCIAIS”

Todo isto, no marco dos orzamentos “máis sociais da historia”, cos que suben as pensións para máis de 800.000 galegos e galegas (un 0,8% as contributivas e un 1,8% as non contributivas), e cos que aumentarán os fondos para sanidade, educación, dependencia, vivenda e investigación.

“A prioridade nas persoas é o máis importante para os galegos e as galegas”, remarcou Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18