Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero sinala que Feijóo “non é o modelo para a Galicia nin para a España do futuro” tralo seu “fracaso electoral”

O secretario xeral amosa “todo o respaldo do PSdeG para Pedro Sánchez” nas negociacións para que España teña “un goberno progresista”

Vigo, 27 de agosto de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, asistiu hoxe ao acto de homenaxe aos alcaldes, deputados e representantes políticos fusilados en agosto de 1936 en Vigo, tralo cal destacou o “compromiso” dos socialistas coa memoria histórica e coa defensa das liberdades.

Díxoo o líder dos socialistas galegos nun momento no que “as tres dereitas seguen apostando por camiños que nos levan á involución e ao retroceso” e no que os seus pactos en comunidades como Madrid ou Andalucía “poñen en risco moitos avances acadados no país”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero falou do intento do PP de sacar adiante a marca ‘España Suma’ -da que xa se descartou Ciudadanos- como fórmula para “escapar” do feito de que obtivo “os peores resultados electorais”.

Ocorreu, como sinalou o máximo dirixente do PSdeG, tanto en Galicia como en España, a pesares do cal “Feijóo non quere ver a realidade” ao autoproclamarse o referente da dereita. “Di que é o exemplo para Casado, pero non”, engadiu, para aludir a que Feijóo levou ao PP a perder as eleccións “por primeira vez na historia de Galicia”.

“Feijóo non é modelo para a Galicia do futuro nin para a España do futuro”, proseguiu Gonzalo Caballero, ao recordar que “o 55% dos galegos votaron por forzas de progreso lideradas polo PSdeG”. “A súa etapa está esgotada e xa hai unha nova maioría social farta dos seus recortes”, apuntou.

“RESPALDO” A PEDRO SÁNCHEZ

Dito isto, a preguntas dos xornalistas, o secretario xeral manifestou “todo o respaldo do PSdeG” a Pedro Sánchez nas negociacións que está levando a cabo para que España conte “cun goberno progresista”.

“Temos como opción preferente un goberno progresista, pero estamos preparados para ir a eleccións”, engadiu Gonzalo Caballero, consciente de que “fronte a Pedro Sánchez e o PSOE “non hai ningunha opción”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08