Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero, “abraiado” cos “bandazos de Feijóo”: “Un día aplaude a Vox e ao seguinte, a Quim Torra”

O secretario xeral visita unha empresa de agricultura ecolóxica en Paderne para amosar “as posibilidades do medio rural”

Paderne, 22 de agosto de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, confesouse hoxe “abraiado” ante “os bandazos”      que está dando o presidente da Xunta dentro da súa “estratexia de confrontación co goberno socialista”. “Un día aplaude a Vox e ao día seguinte a Quim Torra”, evidenciou.

“Leva todo o verán coa película das dificultades económicas da Xunta mentres destina 30 millóns de euros a reformar despachos”, recalcou Gonzalo Caballero, en alusión ás críticas de Feijóo coas que “está poñendo a Xunta ao servizo dos intereses do PP” en relación coas entregas a conta.

E, tras recordar que non se actualizaron eses fondos porque o PP votou en contra dos orzamentos do Estado, o líder dos socialistas galegos cuestionou que agora Feijóo se sume á “estratexia marcada polo independentismo catalán de xudicializar a vida política” despois de “aplaudir os pactos do PP con Vox”.

“Os bandazos de Feijóo non son propios dun goberno que ten fondos, que ten orzamentos, e que ten moitos problemas que solucionar no país”, incidiu Gonzalo Caballero, ao tempo que asegurou que “o goberno socialista é a mellor garantía” para a axeitada financiación das comunidades.

“Os socialistas temos un claro compromiso co Estado das Autonomías que non ten o PP e os seus aliados de Vox, que queren asfixiar ás comunidades”, engadiu o máximo dirixente do PSdeG, quen recomendou a Feijóo “reprender” eses pactos de Pablo Casado coa ultradereita.

“POSIBILIDADES DO MEDIO RURAL”

Gonzalo Caballero realizou estas declaracións no transcurso dunha visita a Paderne en compañía do alcalde, César Longo; así como dos rexedores de Mesía, Mariano Iglesias, e de Sobrado, Lisardo Santos; do vicesecretario xeral do PSdeG, Pablo Arangüena; do senador Antonio Vázquez e do deputado autonómico José Manuel Pérez Seco.

Alí aproveitou para coñecer a empresa de agricultura ecolóxica Orballo, “unha referencia a nivel europeo” pola produción de infusións. “Galicia ten co medio rural unha asignatura pendente, e na agricultura ecolóxica ten unha oportunidade para o desenvolvemento económico e a creación de emprego”, apuntou, consciente de que estas iniciativas amosan “as posibilidades do medio rural”.

“No noso plantexamento para Galicia apostamos polo medio rural e polo emprendemento”, destacou o líder do PSdeG, quen defendeu que este tipo de formulacións requiren do compromiso da Xunta.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18