Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero rexeita o “ataque frontal ao ensino público” de Feijóo despois de despedir a máis de 800 profesores e profesoras de reforzo e agora negarse a cubrir máis de 200 baixas de docentes

Lamenta o “abandono ao profesorado” do goberno galego ante “máis de 2.000 casos de covid vinculados a centros educativos”

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, rexeitou hoxe o “ataque frontal ao ensino público” por parte da Xunta despois de despedir a 868 profesores e profesoras de reforzo e agora negarse a cubrir máis de 200 baixas laborais de docentes nas escolas galegas.

En plena sexta onda da covid e cando “hai máis de 2.000 casos de covid vinculados a centros educativos, máis de 200 aulas pechadas e con máis 200 profesores e profesoras de baixa”, o dirixente socialista lamentou a “inacción” e o “abandono ao profesorado” da Xunta de Feijóo e do goberno do PP “que non quere cubrir as baixas e dotar de persoal suficiente á educación pública galega”.

“Están fallando á nosa comunidade educativa, como se evidenciou ao despedir profesores e profesoras e aumentar o ratio de alumnos por aula”, criticou Gonzalo Caballero despois de sinalar que esta cuestión “ten que ser rexeitada de forma contundente por todos os galegos e galegas”, xa que “unha aposta pola educación pública de calidade para todos e todas é fundamental para o futuro do noso país, e agora hai que reforzala pola covid”.

Neste sentido, incidiu en que “non é admisible” que o sistema de asignación de profesorado da Xunta, como regra xeral, non cubra baixas laborais inferiores a quince días, o cal “é grave”, unha vez que saíu á luz que, dende o 30 de novembro, a Consellería de Educación non está cubrindo as baixas laborais do persoal educativo nas escolas públicas.

“Ao PP non lle gusta a educación pública, só así se pode entender a xestión que está facendo da covid no ámbito educativo, a pesares de ter máis fondos ca nunca”, sentenciou o portavoz socialista quen vén demandando ao goberno galego, dende hai varios meses, que polo menos manteña o persoal educativo contratado durante a pandemia.

E por iso, concluíu, “os pais e nais e tamén toda a comunidade educativa témoslles que dicir ‘non’ aos recortes e retrocesos en educación que implica tanto Feijóo como as políticas do Partido Popular, xa que Galicia non pode permitirse recortar nun dereito fundamental como a educación pública”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10