Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reta a Feijóo a “dar instruccións aos seus deputados para que deixen de boicotear a gobernabilidade do país”

O secretario xeral sinala os “bandazos” de Feijóo, que pasa da “confrontación radical” con Pedro Sánchez e de “apoiar os pactos con Vox” a “pedir ministerios” porque “sabe que o PP ten perdidas as eleccións”

Santiago, 13 de setembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu este venres ante os medios de comunicación para criticar a “inconsistencia” que amosa Feijóo ao falar de pactos e retoulle a “dar instrucións aos deputados do PP para que deixen de boicotear a gobernabilidade do país” se quere ter “un ápice de credibilidade”.

Deixou claro o líder dos socialistas galegos que “non hai ningunha opción de que haxa ministros dun PP entregado á ultradereita nun goberno progresista”. “Porque queremos que España siga avanzando”, recalcou, consciente de que os pactos PP-Vox “poñen en risco” a defensa dos dereitos e das liberdades.

Por iso, Gonzalo Caballero cualificou de “brinde ao sol” a “oferta á desesperada” de Feijóo; un plantexamento que “amosa o seu nivel de cinismo e reflexa que sabe que o PP ten perdidas as eleccións”.

Así pois, o máximo dirixente do PSdeG censurou os seus “bandazos”, que o levan a pasar da oposición “radical” contra o presidente do goberno e “apoiar os pactos do PP con Vox” a “pedir ministerios” ao día seguinte. “Sabe que se hai novas eleccións, haberá un novo batacazo para a dereita”, incidiu.

Neste escenario, Gonzalo Caballero recomendoulle a Feijóo que estea “á altura das circunstancias” e reclame do PP que “facilite a investidura do presidente que ganou as eleccións” e que “deixe de utilizar as institucións con fins partidistas”. Do mesmo xeito, esixiulle “responsabilidade” no relativo ás entregas a conta e que poña fin á “telenovela por capítulos” na que ten convertido a reclamación.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20