Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero aposta pola educación como prioridade socialista de goberno, pulando pola gratuidade dos libros de texto e a cobertura de prazas para nenos de 0 a 3 anos

Critica que Feijóo preferira “aforrar” 12 millóns de euros aos grandes patrimonios antes que financiar as primeiras matrículas universitarias e os libros de texto

Santiago, 16 de setembro de 2019. O presidente do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, denunciou hoxe “a falla de aposta” de Feijóo pola calidade do sistema público de ensinanza e comprometeu “todos os esforzos” do PSdeG na súa mellora.

“Non deixaremos de facer un só esforzo”, recalcou o líder dos socialistas galegos, consciente do “deterioro” que implicaron os 10 anos de Feijóo neste eido: 1.400 docentes menos, un gasto inferior nuns 180 millóns de euros, menos escolas e unidades, uns profesionais con máis horas de traballo e menos salario…

Tras enumerar estes datos, Gonzalo Caballero amosou tamén as “problemáticas” evidenciadas ao inicio de curso en distintos centros de todo o territorio galego, como ocorre en Santiago, Ferrol, Cervo, Carral ou A Fonsagrada; e subliñou as “dificultades” que a volta ao cole entraña para as familias.

“Estamos fondamente preocupados”, proseguiu, e fixo fincapé nos “gastos extra” que teñen as familias no mes de setembro. Ao fío diso, lamentou que en Galicia “non sexa posible” dispoñer de libros de texto gratuítos, como ocorre noutras comunidades; unha cuestión que achacou á “falla de compromiso” da Xunta de Feijóo.

Fronte a iso, o secretario xeral do PSdeG comprometeuse coa “mellora da calidade da educación pública” a través da gratuidade dos manuais escolares en educación obrigatoria e do avance na escolarización de todos os nenos ata os tres anos en escolas xestionadas pola Consellería de Educación.

Do mesmo xeito, o tamén candidato socialista á Presidencia da Xunta amosou o seu compromiso cun sistema que favoreza a conciliación das familias, que facilite ó acceso dos menores aos comedores escolares independentemente de que sexan usuarios do transporte escolar.

En paralelo, Gonzalo Caballero apostou por mellorar a calidade dos estudos de Formación Profesional e por establecer a gratuidade das primeiras matrículas na universidade pública. “Manteremos o compromiso coa educación pública na oposición e será a prioridade absoluta dun goberno progresista”, remarcou.

“FEIJÓO TEN QUE RECTIFICAR”

Sobre todo, como dixo o máximo dirixente do PSdeG, á vista de que “hai fondos” para facelo. E, a modo de exemplo, apuntou que o goberno de Feijóo “tomou decisións” en materia de impostos que implicaron “aforrar” aos patrimonios máis altos -os que superan os 700.000 euros- un total de 12 millóns de euros ao ano.

“Feijóo ten que rectificar”, concluíu Gonzalo Caballero, e anunciou que os socialistas presentarán mocións nos concellos para posicionarse en contra da política de “desmantelamento” da calidade da educación pública que está poñendo en marcha o goberno galego en mans do PP.

CRIME MACHISTA EN VALGA

Antes de comezar a súa comparecencia ante os medios, Gonzalo Caballero tivo palabras de condena do “grave asasinato” acontecido hoxe en Valga.

“Recibimos a nova con fondo pesar”, manifestou, antes de sinalar que feitos como este poñen en evidencia que “a problemática da violencia machista segue existindo”. “Todo o noso rexeitamento”, engadiu, e trasladou “todo o apoio” dos socialistas á familia das tres mulleres asasinadas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09