Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reivindica a reconstrución de Galicia “pensando nas persoas” fronte á “inercia da inacción e brazos caídos da Xunta cos fondos metidos no colchón de Feijóo”

O líder dos socialistas galegos acusa ao PP de “converter á Comisión de Reactivación nun mero trámite, que pasa de puntillas pola reactivación” mentres a Xunta deixa a recuperación “nas mans dos galegos e das galegas”

O portavoz do Grupo Socialista, Gonzalo Caballero, dixo que “é a hora da reconstrución, e hai que facela cunha Xunta pensando nas persoas” fronte á “inercia da inacción e brazos caídos” do goberno galego, que mantén “os fondos metidos no colchón de Feijóo”. Así o dixo tras salientar que os 113 millóns asignados á Comisión seguen sen destino transcorrida a primeira metade do 2021 e que o PP quere aprobar o ditame incorporando só 10 propostas do PSdeG e 28 transaccións en base ás iniciativas deste Grupo, que presentara máis de 300 propostas de resolución.

Gonzalo Caballero volveu tender a man hoxe ao Grupo Popular para mudar o seu “modelo fracasado” e acepten as propostas do Grupo Socialista de cara ao debate final en Pleno deste ditame. O Grupo Socialista abstívose hoxe na votación do ditame emprazando ao PP a mudar a súa estratexia “unilateral, de inacción e brazos caídos” de cara á recuperación ou “poñerémonos” en fronte desta perda de oportunidades para Galicia na votación do Pleno do Parlamento.

Acusou ao goberno galego de “desaproveitar a oportunidade histórica” deste órgano, que decidirá o destino de 113 millóns de euros para a recuperación post covid, pero que fixo unha “carta aos reis magos” e fai da Comisión un “mero trámite”. Lamentou que o goberno galego “pasa de puntillas”, abandonando aos galegos e galegas á súa sorte “para que reactiven a situación cando a Xunta de Galicia pode facer moito máis”.

Emprazou á Xunta a “recoñecer os erros” e apuntou a necesidade de buscar acordos “na boa dirección”, como no caso das propostas de incremento de financiamento das horas do Servizo de Axuda ao Fogar, que malia todo “seguen sen chegar ao límite mínimo”.

Para o fondo de 113 millóns, Caballero sinalou que o PSdeG presentou unha “alternativa mellor”, que incrementa o financiamento do SAF como compromiso coas políticas sociais, que aposta pola sanidade pública e a contratación de profesionais sanitarios, que aposte pola igualdade e a conciliación, que manteña aos profesores contratados neste curso pasado, con axudas aos sectores afectados e persoas vulnerables, con medidas para o medio rural, con fondos para os concellos e un plan de emprego e vivenda para a mocidade, entre outros aspectos.

Os socialistas galegos reclaman “recuperar as políticas de impulso económico e dos servizos sociais” nos que Galicia está “á cola”, no posto 13 de 17, de acordo co “demoledor” informe dos xestores de servizos públicos e servizos sociais. Reivindicou 2.000 novas prazas en residencias públicas con modelo sociosanitario, sacar a concurso 5.000 novas prazas para cubrir as baixas e xubilacións e incorporar persoal na sanidade pública, un plan contra a pobreza e a aposta pola Igualdade cun Plan Galego de Conciliación.

Resumiu as propostas do Grupo Socialista dirixidas a realizar unha “política económica con maiúsculas”, que redimensione o Igape, aumente o I+D+i ao 1,5 por cento do PIB e con propostas dunha nova política industrial que responda ás crises de Ferrol, Eume e Ortegal, A Mariña, a Costa da Morte ou lle dean unha nova ubicación a Ence. Propuxo neste sentido unha mesa para o desenvolvemento industrial e un Plan de Reindustrialización de Galicia.

Caballero reclamou contratar 2.000 investigadores e investigadoras para Galicia, así como un modelo produtivo que fortaleza ás pemes, ademais dun Plan de reapertura dos negocios afectados pola crise.

6 meses perdidos

O secretario xeral do PSdeG-PSOE sinalou que logo de seis meses nos Feijóo demostrou o seu “fracaso e inacción” e que “é o mesmo ter un goberno da Xunta que non telo porque non fai nada para reactivar ao país”. Reclamoulle ao goberno galego que se poña á fronte da recuperación aceptando a proposta de reactivación socialista que “cre no ámbito do público, que defende aos servizos públicos e pide e propón unha política económica dirixida á creación de emprego”.

Advertiu que o goberno galego contou o ano pasado con 735 millóns de euros adicionais e outros 1.100 millóns extra nos orzamentos deste 2021 dos que “non poden dedicar 25 millóns para repartir con criterios obxectivos entre os concellos que están a xestionar as competencias” que lle corresponden ao goberno galego e que lles derivou sen ofrecer recursos adicionais.

Gonzalo Caballero comparou a resposta do goberno de España, que permitiu unha “política expansiva, anticíclica keynesiana” fronte á política de recortes “noutras crises” xestionadas polo PP. Esta estratexia, dixo, foi posible grazas ao éxito da estratexia de vacinación en consonancia coa estratexia europea, mentres o presidente da Xunta auguraba que ata o segundo trimestre non chegarían as doses, pero que tivo lugar “sen acudir a vacinas rusas, chinas ou cubanas”.

Asimesmo, Caballero sinalou que cando remata a Comisión o PP aínda carece de estratexia e de mapa de prioridades sobre os que traballar nos proxectos fundamentais para Galicia á hora de acadar financiamento vía fondos europeos “Next Generation”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28