Categorías: Actualidade

Julio Torrado leva ao Parlamento as ineficiencias na información e as medidas de control da Xunta polo gromo de Mallorca

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de presentar unha serie de preguntas parlamentarias nas que alerta das ineficiencias na información trasladada polas autoridades sanitarias galegas respecto do gromo de Mallorca. Reclámalle á Xunta que “fagan algo máis que alertar fronte aos botellóns” e sinala que a “incerteza” sobre a súa actuación “trasládase ao conxunto da cidadanía, que non ten posibilidade de saber canto de controlada está a situación”.

O parlamentario socialista apunta que esta situación demostra “a necesidade de estar alerta sobre posibles gromos e repuntes”, de forma que “permitan unhas medidas de resposta rápida, coordinada, controlada e que permita illar o máximo posible o aumento da incidencia”. Ademais, reclámalle ao Executivo autonómico que explique se “considera que o control da situación permite asegurar que o gromo está illado e a súa expansión baixo vixilancia”.

Para iso, subliña, é “imprescindible o nivel de información axeitado á poboación onde estes repuntes poden ser máis notorios”. Torrado requírelle ao goberno galego para que explique no Parlamento o nivel de información e de medidas de control e confinamento están a ser transmitidas derivadas das viaxes de estudantes a Mallorca.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18