Categorías: Actualidade

Leticia Gallego denuncia no Parlamento que os requisitos da Xunta para conseguir o bono Quedamos en Galicia provocaron a saturación dos centros de saúde

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, levou hoxe a Comisión parlamentaria a “improvisación” demostrada pola Xunta de Galicia na posta en marcha do bono turístico Quedamos en Galicia, publicado o 13 de abril no DOG e esgotado en poucas horas. Gallego presentou unha pregunta na que advertiu de que a descoordinación entre Turismo e Sanidade provocou a saturación dos centros de saúde.

Explicou que ao establecer a Chave365 como requisito para obter as axudas pensadas para impulsar o turismo interior, e como os centros de saúde están autorizados a facer esta xestión, aínda que só por motivos de saúde, isto provocou que no mes de abril tiveran que soportar colas de xente para tramitar o bono turístico da Xunta. Lamentou a falla de información desta situación por parte de Sanidade, tal e como recoñeceron hoxe en Comisión.

Resume que “os días de facer a solicitude do bono turístico, estaban con máis xente da habitual, o que ocasionou máis colas e máis espera, xa que o persoal de administración, xa saturado pola situación actual, realmente non facía o traballo de sanidade por ter que atender ás necesidades de Turismo”.

Advertiu de que “en próximas convocatorias do bono turístico dende a Vicepresidencia da Xunta terán que poñerlle unha solución coordinándose coa Consellería de Sanidade para non saturar ao persoal nin facerlle pagar ás persoas que necesitan de atención sanitaria”. Reclamou que “poñan solución á solicitude da Chave 365 par ao bono turístico ou repetirán a mesma situación e o persoal sanitario está colapsado, saturado e non pode máis”.

Malestar

Salientou ademais o malestar dos usuarios pola xestión deste bono, que pasou “do éxito ao enfado” por canto “a día de hoxe non se resolven os expedientes, e os que si se resolven son aceptados provisionalmente”, co que “o usuario paga o bono pero aínda non dispoñen del”. Preguntou “para que lle serve o bono á xente se llelo van dar despois das vacacións”.

O rosario de irregularidades continúa co “colapso tecnolóxico da Administración”, que demostra a “improvisación dunha Xunta que non está preparada para xestionar o aluvión de peticións”, ademais das suspicacias provocadas porque “non se está a respectar a rigorosa orde de inscrición”. Ademais, o bono só permite o uso de pago con tarxeta física, o que tira pola borda tódolos esforzos para a dixitalización, excluíndo aos establecementos online.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41