Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero denuncia as “impresentables represalias” de Feijóo contra o xinecólogo que defendeu o paridoiro de Verín

O líder do PSdeG critica que a sanción contra o doutor Castrillo é unha “farsa” que demostra “o peor da política revanchista e o abuso de poder” por parte do PP

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, vén de denunciar as “impresentables represalias” iniciadas por Feijóo contra o xefe de Xinecoloxía do Hospital de Verín, que hai ano e medio saíu publicamente a defender o mantemento do paridoiro.

De feito, Gonzalo Caballero criticou unha “sanción política” contra o doutor Castrillo que vén de ditar o Sergas, e que considerou “unha farsa” que demostra “o peor da política revanchista e o abuso de poder” por parte do PP.

O líder dos socialistas galegos criticou o “intento de intimidación” de quen está a defender á sanidade pública e, en concreto, un servizo público fundamental para a comarca de Verín. Caballero reclamou “desterrar o revanchismo da práctica política” e que está a “amosar ao verdadeiro PP, o que deixan ver cando quitan a careta”.

Sinalou que “ano e medio despois de que Feijóo tivera que recuar e recoñecer as súas mentiras e argumentos falaces sobre a perda de pericia dos xinecólogos dos paridoiros comarcais como subterfuxio para recortar a sanidade pública, vemos a peor cara do PP e de Feijóo”. Caballero denunciou as “represalias contra un profesional da sanidade pública de longa traxectoria”, antes de trasladarlle “todo o ánimo e o apoio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18