Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reclama á Xunta que “reforce a sanidade pública en verán” ante o aumento das esperas e chama a fortalecer a atención presencial

O secretario xeral require ao goberno galego dende A Pontenova que “deixe de dar as costas á Galicia rural” e de “dificultar a súa reactivación”

O alcalde da Pontenova, Darío Campos, indica que “unha das queixas máis importantes” da súa veciñanza é o déficit de servizos sanitarios por parte da Xunta

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe A Pontenova en compañía do alcalde, Darío Campos, e o puxo en valor a súa “gran xestión”. “Un alcalde comprometido e dedicado plenamente ao seu concello, e un goberno local centrado en atopar solucións aos problemas da cidadanía do concello”, destacou.

Así é que logo de sinalar que tivo que ser a Deputación de Lugo a que apostara pola residencia de maiores que A Pontenova necesita ante a deixadez da política social do goberno galego, o líder do PSdeG requiriu á Xunta “compromiso coa Galicia do medio rural”.

“En Galicia hai un enorme déficit de prazas en residencias públicas de maiores centros de día e aquí tiveron que ser o alcalde o presidente da Deputación os que a poñan en marcha”, subliñou, antes de concluír que “onde a Xunta non cumpre, fánno as administracións socialistas”.

Ademais, Gonzalo Caballero reclamou á Xunta que “reforce a sanidade pública no verán”. “Van pechar máis de 600 camas hospitalarias  en verán e segue o recorte na atención primaria, de forma que hai listas de espera en primaria e faltan médicos de cabeceira e pediatras”, evidenciou, e recordou que o goberno galego recibiu este ano do goberno de España máis de 1.100 millóns de euros extra que teñen que servir para “reforzar a sanidade pública”, entre outras cuestións.

Fronte a isto, o dirixente socialista urxiu ao goberno galego a “fortalecer a sanidade pública, dando estabilidade ao persoal e apostando pola atención presencial”. Non esqueceu tampouco que a lista de espera para unha operación ten aumentado 18 días e que hoxe hai que agardar 8 xornadas máis para ver un especialista.

APOSTA POLA GALICIA RURAL

“A Xunta ten que apostar polos servizos públicos, por xerar emprego e por dar futuro á mocidade a carón dos concellos da Galicia rural”, subliñou Gonzalo Caballero, sen deixar de facer fincapé en que o goberno galego ten que “cooperar” cos concellos.

“Queremos unha Xunta do benestar que dea os mesmos dereitos aos galegos e ás galegas con independencia de onde vivan”, reivindicou o responsable socialista, consciente de “todos temos dereito a unha educación de calidade, a unha atención aos maiores de calidade e a unha atención sanitaria de primeira vivamos nun concello rural ou nunha gran cidade”.

En concreto, o responsable do PSdeG reclamou a Feijóo que “deixe de dar as costas á Galicia rural” e de “impedir a súa reactivación”.

A PONTENOVA

Pola súa parte, o alcalde da Pontenova, Darío Campos, agradeceu a visita de Gonzalo Caballero a esta vila da Mariña lucense e o seu interese nas problemáticas da Galicia rural.

No que atinxe ao seu municipio, Darío Campos subliñou a aposta da Deputación de Lugo pola construción dunha residencia de maiores, “a maior demanda que temos”; ao tempo que indicou que “unha das queixas máis importantes” da súa veciñanza é o déficit de servizos sanitarios por parte da Xunta.

“Reducíronse moito as consultas presenciais e sobre todo as persoas maiores necesitan contacto co médico para explicarlle as súas doenzas”, explicou o rexedor, ao tempo que criticou que o relevo constante de profesionais sanitarios ocasiona tamén “perda de confianza” na cidadanía.

Finalmente, tanto o alcalde como secretario xeral do PSdeG coincidiron en reclamar á Xunta a ampliación do polígono industrial da Pontenova para xerar emprego na bisbarra.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08