Categorías: Actualidade

O vicesecretario xeral do PSdeG considera que non se debe relativizar a importancia das causas da violencia

Pablo Arangüena referiuse ás declaracións do presidente da Xunta como “desafortunadas” cando relativizou a importancia da motivación do crime de Samuel Luiz.
O deputado no Congreso, Diego Taibo: “Había moitos anos que non se daba o esforzo inverstidor que está a facer actualmente o goberno de España nesta comarca”

A Coruña, 9 de xullo de 2021 | O vicesecretario xeral do PSdeG e deputado no Parlamento de Galicia, Pablo Arangüena, en rolda de prensa hoxe na Coruña mostrou a consternación polo asesinato de Samuel Luiz, e manifestou que a “proba desa consternación son os milleiros de persoas que se concentraron este luns na praza de María Pita e en tantos lugares de España”.

Arangüena sinalou que desde o PSdeG “dixemos desde o primeiro momento que había que ser cautos e prudentes respecto das motivacións e deixar que avanzase a investigación” e referiuse ás declaracións do presidente da Xunta como “desafortunadas” cando relativizou a importancia da motivación deste crime. “O Sr. Feijóo acusou indeterminadamente non se sabe a quen de facer política con este asasinato”, unha acusación grave cando “quen fai política é él”  ao dicir que “hai partidos que en función de quen sexa o autor ou a vítima condenan con maior ou menor intensidade.” Para o vicevoceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia iso “é facer auténtica demagoxia” porque as circunstancias da violencia son relevantes.

“Non é o mesmo unha labazada que un homicidio que un asasinato. E as circunstancias do autor e da víctima son enormemente relevantes para valorar o delito e a pena nun xuízo, tan relevantes que determinan que do homicidio poida pasarse ao asasinato.”

O vicesecretario xeral do PSdeGPero insistiu en que é preciso valorar ás circunstancias e as motivacións da violencia para combatila.  “Para actuar sobre as causas da violencia hai que coñecelas e non relativizalas como fai o Sr. Feijóo. É un debate clásico no que o presidente da Xunta está adoptando a posición da dereita reaccionaria, él saberá por que” concluiu Arangüena.

LEXISLATURA PRODUTIVA PARA A CORUÑA

Sobre outros temas de actualidade, Pablo Arangüena quixo salientar que esta lexislatura está sendo moi positiva para A Coruña en termos de compromiso de inversión estatal e de compromisos do goberno co futuro da Coruña e da súa área, e puxo como exemplos a ampliación da ponte da Pasaxe, as obras da glorieta Sol y Mar, a Pasarela de Pedralonga ou a rexeneración da ría do Burgo por importe de 48 millóns de euros, “dos que a Xunta pon cero euros”, e outras obras xa “encarriladas” como o ferrocarril ao Porto Exterior, a intermodal, na que “o Estado pon 4 veces máis fondos que a Xunta,” ou a cidade das TIC que “é un proxecto impulsado pola UDC co aval e o apoio do goberno progresista despois de que o goberno de Rajoy mantivese durante cinco anos unha concesionaria como Hércules de Armamento que gañou a adxudicación da Fábrica de Armas cunha contabilidade falseada e que non moveu un tornillo neses 5 anos.”

Arangüena incidiu que “a partir destes datos é evidente que hai unha aposta decidida do socialismo por mover A Coruña cara ao futuro, que non ten unha contrapartida por parte da Xunta de Galicia”  e que “o Sr. Feijóo ten que deixar de ser un turista accidental na Coruña, que aparte de darse un paseo pola cidade de cando en vez, non ten proxecto para a cidade máis alá de pedirlle a outras administracións que suplan as carencias da Xunta na Coruña a na súa área de influencia.

En comparación coa xestión do goberno do Estado, Arangüena explicou que “se miramos a relación de proxectos administrativos que a Xunta vai presentar para os fondos Next Generation, non hai nin un só proxecto novo e atopamos únicamente proxectos que xa estaban previstos e que, por tanto, en principio non son financiables por uns fondos que están ideados para financiar proxectos transformadores” e puxo como exemplo a ampliación do CHUAC co que a Xunta pretende que Europa lle financie ¾ partes do importe total.

PORTO EXTERIOR

Pablo Arangüena tamén quixo referirse ao porto exterior, sinalando que “A Coruña vai ter un porto exterior no que se levan investidos arredor de 1000 millóns de euros, pero o que non ten son tráficos” xa que na última década caeron arredor do 10% mentres os do resto do sistema portuario do Estado medraban arredor do 20%. “Por tanto o presidente da Autoridade Portuaria, nomeado pola Xunta, ten que poñerse as pilas, deixar de inventar trampantoxos como o Green Port, deixar de vender como un éxito o feito de que Inditex instale 3 aeroxeneradores no porto e captar tráficos, porque os portos viven dos tráficos e non dos aeroxeneradores.”

DIEGO TAIBO

Para o deputado pola Coruña no Congreso Diego Taibo, “había moitos anos que non se daba o esforzo inverstidor que está a facer actualmente o goberno de España na Coruña. De feito o volume de obras en adxudicación ou xa en licitación amosa este compromiso” como pode comprobarse coa adxudicación da Ría do Burgo que levaba mais de 20 anos sen avanzar na súa licitación .

“Deste xeito poremos en valor un ben tan preciado como é a nosa ría, afectando de maneira directa aos concellos de A Coruña, Oleiros, Cambre e Culleredo que sen dúbida revertirá no pulo económico da comarca da Coruña” sinalou Taibo insistindo e que é  “unha inversión que ten a súa  orixe nunha participación do 50% da Xunta e do 50% do Estado e no que finalmente a Xunta de Galicia non está a poñer nin un só céntimo de euro.”

O deputado pola Coruña no Congreso tamén quixo sinalar as obras da rotonda do Sol i Mar “un proxecto moi demandado polos veciños e que sen dúbida contribuirá a eliminar uns dos puntos negros de tráfico da comarca coruñesa”;  e non quixo deixar de destacar as xestións feitas polo Secretario Xeral Gonzalo Caballero e pola alcaldesa da cidade Inés Rey para a licitación do enlace ferroviario ao porto exterior.

Ademáis Taibo comentou que os deputados e senadores galegos se reuniron co Secretario de Estado de Turismo, Fernando Valdés,  para tratar a  axenda do Xacobeo e os distintos eixos de financiación que se van a acometer en distintos eidos como é no dixital nas cidades do camiño ou a mellora dos albergues e a rede de Paradores. Tamén avanzaou a posibilidade de ter á Ministra neste mes presentando en Galicia o Plan do Xacobeo e os distintos instrumentos de financiación do mesmo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04