Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reafirma o compromiso medioambiental e ecolóxico do PSdeG na súa visita ao Rainbow Warrior, o buque insignia de Greenpeace

O secretario xeral critica que Feijóo despreza a Greenpeace, porque nin el nin ningún conselleiro da Xunta se achegaron ata o barco, que está en Vilagarcía nunha campaña de concienciación contra o cambio climático

Vilagarcía, 28 de xullo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou este domingo o buque Rainbow Warrior de Greenpeace na súa parada no porto de Vilagarcía en compañía do alcalde, Alberto Varela, e dos deputados Patricia Vilán e Julio Torrado. Dende alí, ratificou o compromiso socialista coa defensa do medio e coa loita contra o cambio climático.

En declaracións aos medios ao termo da visita, o líder dos socialistas galegos puxo en valor o feito de que o buque insignia de Greenpeace se achegase ata as costas galegas para levar adiante a súa campaña de concienciación e criticou que nin Feijóo nin ningún outro membro do goberno galego se teña achegado. Amosa, como dixo, o seu “nulo compromiso” coa transición ecolóxica e o seu desprezo a Greenpeace.

“Temos que entender que hai que facer unha grande alianza de compromiso para paliar os efectos do cambio climático”, reivindicou Gonzalo Caballero, ao tempo que comprometeu traballo do seu partido a prol dunha estratexia de defensa do medio. Ao fío disto, sinalou que “o goberno de Pedro Sánchez ten un compromiso moi importante” para seguir avanzando nesta liña.

“Temos que construír modelos inclusivos”, reflexionou o máximo dirixente do PSdeG, para mostrarse consciente de que “temos que traballar o máximo posible para non seguir deteriorando o medio natural” desenvolvendo os modelos económicos e de produción enerxética que así o permiten. “Porque o reto medio ambiental implícanos a todos”, engadiu.

De feito, Gonzalo Caballero apostou por “un novo mix enerxético coas renovables como protagonistas fundamentais” e dende “o compromiso cos traballadores, para buscar novas actividades que permitan levar a cabo a transición ecolóxica con sensibilidade social”. É o mesmo que ocorre co sector pesqueiro, que no caso galego desenvolve a súa actividade “de acordo coas normativas existentes”.

“UNHA CUESTIÓN DE FUTURO”

Pola súa banda, o alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, situou a loita contra o cambio climático como “unha cuestión de futuro” e, por iso, chamou a “tomar medidas xa” tamén dende o eido da concienciación.

“Todos, como individuos, podemos colaborar en facer un mundo máis sostible, e as administracións públicas temos que ir da man da sociedade e dos grupos ecoloxistas para reverter esta situación”, concluíu o rexedor.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08