Categorías: Actualidade

A farsa da Lei de Patrimonio Natural da Xunta

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, cualificou hoxe de “farsa absoluta” a Lei de Patrimonio Natural do goberno galego, que “só vai servir para ser un número máis na conta de leis” da Xunta. A responsable socialista interveu no debate final desta Lei, que foi aprobada tan só polos votos favorables do PP e co voto en contra dos socialistas galegos.

Vilán acusou ao goberno galego de carecer de “ningún interese polo medio ambiente”, presentando un texto que “nace eivado” e que “non vai resolver os problemas da natureza en Galicia”. Esta norma, que foi aprobada incluíndo tan só 7 das 113 emendas que presentaron os socialistas galegos, substituirá á Lei previa aprobada tamén polo PP hai 18 anos, e que “non cumpriron, non orzamentaron e non desenvolveron”.

Advertiu que o texto renuncia a facer efectivo o dereito a un medio ambiente adecuado, elude centrarse na función social do patrimonio natural e a biodiversidade, evita impulsar a participación, resulta opaca, e dinamita a prevalencia da protección ambiental sobre as normas territoriais, urbanísticas ou sectoriais. Ademais, fracasa na protección dos espazos naturais, como é o caso da Rede Natura 2000, limita a declaración de novos parques naturais ou desprotexe ás Áreas Mariñas.

Vilán apuntou que o texto carece de compromiso económico, rexeitando as propostas dos socialistas para crear un Fondo para a Conservación do Patrimonio Natural de Galicia, dotando a Lei de “orzamento real”. Criticou que o goberno galego teña provocado unha baixada do 30 por cento dende 2008 no orzamento para a defensa do patrimonio natural de Galicia, ademais de deixar sen executar un 12 por cento do orzamento de 2018, un total de 3,6 millóns de euros.

O PP rexeitou no debate da Lei establecer un réxime xeral de axudas para os territorios e as persoas afectadas polas limitacións derivadas desta Lei e promover así o desenvolvemento sostible. Tampouco quixeron lembrar a biodiversidade, negándose a crear un Rexistro Galego de Bancos de Material Biolóxico e Xenético, nin un catálogo galego de especies invasoras, e demostráronse “incapaces de comprometer un prazo para desenvolver a Lei”.

A parlamentaria socialista lamentou a falla de diálogo demostrada polo goberno galego e o PP no proceso de elaboración da Lei, sen aceptar apenas alegacións durante a fase de exposición pública e cun “lamentable proceso de ponencia” na Cámara autonómica. Lembro que o Grupo Socialista viuse obrigado a esixir o debate en Comisión artigo por artigo logo de que o PP reducira o debate en ponencia a penas unha hora de traballo.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06