Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero propón respaldar o relevo xeneracional nas explotacións agrarias con fondos para a reactivación: “Cando hai mozos que queren dar un impulso ao rural, o deber da Xunta é apoialos”

O secretario xeral do PSdeG insta á Xunta a traballar en tres eixos: o relevo xeracional, a dixitalización das subastas de gando e a certificación telemática do pastoreo

O secretario xeral de UU.AA., Roberto García, lamenta que “o medio rural só sexa prioritario en titulares” porque “queda marxinado” pola Xunta cando “chega a hora da execución orzamentaria”

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo hoxe unha xuntanza de traballo co secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, para abordar os retos do mundo rural e agrario en Galicia.

“Necesitamos un compromiso claro con todas aquelas medidas que permitan que o medio rural e o agro poidan resistir e afrontar os retos de futuro”, reivindicou o máximo dirixente dos socialistas galegos antes de propoñer “tres medidas importantes e concretas” que “hai que incorporar nun gran pacto polo rural”.

Así, Gonzalo Caballero pediu á Xunta de Galicia que aposte polo relevo xeracional nas explotacións agrícolas e gandeiras, pola dixitalización das subastas de gando e pola incorporación de ferramentas dixitais para o control do pastoreo.

Sobre a primeira destas propostas, o máximo responsable do PSdeG subliñou que “cando hai mozos e mozas dispostos a coller o relevo xeracional e dar un impulso ao medio rural, é un deber da Xunta de Galicia apoialos, poñerse ao seu carón”.

“Hai que dar posibilidades de futuro á xente moza e apoiar á Galicia rural”, defendeu, polo que requiriu que a Xunta destine parte dos fondos de reactivación para abordar o futuro do rural.

Trátase, como dixo Gonzalo Caballero, de dotar ás explotacións gandeiras nas que se produzan incorporacións de mozos dun “complemento económico” que permita que “poidan sobrevivir ante as dificultades” deste momento e acometer “modernizacións” nas súas instalacións.

DIXITALIZACIÓN

Ademais, o líder socialista instou á Xunta a “que aposte pola dixitalización das subastas de gando”, o que permitiría “modernizar a actividade” e reducir certas dificultades da intermediación. Ademais, engadiu, isto hai que enmarcalo nun conxunto de melloras para o sector e a seguridade alimentaria.

Por último, propuxo “afrontar a dixitalización do pastoreo”, co obxectivo de ofrecer un leite con valor engadido que estaría garantido por mecanismos de monitorización do gando, con colares dixitais que rexistren as horas de pastoreo.

ROBERTO GARCÍA

Por outra banda, o secretario xeral de UU.AA., Roberto García, agradeceu a xuntanza de traballo co máximo dirixente das e dos socialistas galegos e destacou: “que o PSdeG acepte estas propostas orzamentarias nun eido tecnolóxico e de xente nova é apostar polo futuro, e o agradecemos de todo corazón”.

“Non pode ser que o medio rural só sexa prioritario en titulares, pero cando chega a hora da verdade, da execución orzamentaria da Xunta, quede marxinado”, censurou o responsable do sindicato agrario. Así, incidiu en que “non nos podemos permitir” que “unha soa persoa nova que decida incorporarse a unha explotación” deixe de facelo “por falla de cartos” ou “teña que agardar polo proxecto un ou dous anos”.

Ademais, defendeu a aposta polos “produtos diferenciados”, como o leite de pastoreo ou a tenreira galega. Sobre o leite, o representante de UU.AA. subliñou a importancia de que “non haxa problemas de etiquetado” que poderían arranxarse cunha certificación electrónica das “horas reais de pastoreo” e, no que atinxe á carne, indicou que “temos un problema básico: a remuneración a ese gandeiro estase realizando un euro por debaixo do que lle custa producir”.

Por iso, incidiu en que unha mellora nos prezos “vén por modernizar as estruturas de compraventa”, xa que “non podemos seguir en mans de tratantes que se quedan co beneficio do becerro”. Así, pediu “apostar” por que a subasta se realice de xeito dixital, xa que “non custa moito” e “impediría que os beneficios queden en mans de persoas que non lle aportan valor á comercialización”.

Por último, incidiu en que estes tres eixos, “non sendo cuantiosos” para o goberno galego, “significarían un paso decisivo” para o agro.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08