Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero reafirma “o galeguismo europeísta” do PSdeG e reivindica a UE como “o motor de modernización para unha Galicia social, dixital e verde”

O líder socialista propón á Xunta “acordar unha estratexia compartida” dos fondos europeos ante a “falla de rumbo” que está amosando: “se non os empregamos ben, Galicia quedará atrás”

Enrique Barón, expresidente do Parlamento europeo, destaca nun acto polo Día de Europa o “salto importantísimo” na construción da UE que supoñen “las políticas anticíclicas” cos Next Generation

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2021. O PSdeG celebrou hoxe o Día de Europa cun acto en Santiago no que participaron o secretario xeral, Gonzalo Caballero, así como o expresidente do Parlamento europeo Enrique Barón e o eurodeputado socialista Nicolás González Casares, a expresidenta do Parlamento galego Dolores Villarino, a deputada do PSOE no Congreso Ana Prieto e a profesora de Ciencia Política da USC Erika Járaiz.

Nese foro, Gonzalo Caballero reafirmou o “galeguismo europeísta” do PSdeG. “Hai que construír Europa dende o galeguismo, dende un compromiso co país e coa terra que non sexa excluínte”, defendeu, ao tempo que sinalou que “erran” os representantes políticos que consideran a UE como “unha ruína”.

“O galeguismo ten que ser europeísta porque Galicia vai máis alá da nosa terra”, enfatizou Gonzalo Caballero, consciente da importancia dos “lazos de cooperación” e das “sinerxias” con outras rexións e tamén do “papel estratéxico” que pode xogar a nosa comunidade no que tinxe ás relacións entre Europa e Latinoamérica.

Ademais, o dirixente socialista reivindicou a UE como “o motor de modernización para unha Galicia social, dixital e verde” coa vista posta na reconstrución trala pandemia.  “Xa non chega coa Europa dos estados e das rexións, é a hora da Europa da cidadanía”, recalcou.

Así mesmo, rexeitou a formulación de Europa entendida exclusivamente como “un mercado común” e apostou por unha Europa que sexa “a casa común da cidadanía europea”, na que os galegos e as galegas “esteamos cómodos e sexamos parte do futuro”. Ao fío disto, destacou os fondos Next Generation como panca para construír “a Galicia do século XXI”.

En concreto, o líder dos socialistas galegos apostou por orientar os fondos europeos “cara a revolución verde e dixital” pero advertiu que eses obxectivos teñen que ir da man “da creación de emprego”; ao tempo que amosou a súa preocupación pola “falla de rumbo e de orientación” da Xunta ao respecto. Por iso tendeu ao man ao goberno galego para “acordar unha estratexia compartida”, porque “se empregamos mal eses fondos, Galicia quedará atrás”. “Perderemos unha oportunidade”, resumiu.

O EMPREGO, “FACTOR DETERMINANTE”

Gonzalo Caballero explicou que é necesario que os fondos europeos contribúan a xerar emprego en Galicia, unha comunidade na que a última EPA amosa a peor evolución do desemprego do conxunto de España no primeiro trimestre do ano.

“A xeración de emprego ten que ser un factor determinante”, incidiu, logo de evidenciar a “falla de rumbo” da Xunta no que atinxe aos proxectos europeos no feito de que comezase anunciando sete, que se converteron en 108 en 24 horas, e que despois pasaron a ser 354 que se aprobaron no Consello da Xunta pese a “non ter competencias” para facelo. “Unha carta aos Reis Magos”, resumiu.

Fronte a isto, o responsable do PSdeG indicou que “non estamos en calquera tempo”, senón que a pandemia “deixará cicatrices comparables ás que deixou a II Guerra Mundial”, polo que cómpre acertar na saída da crise.

A IMPORTANCIA DE EUROPA

Ao respecto, destacou que a UE “segue sendo o mellor modelo de gobernanza”, un modelo de democracia e de economía de mercado pero tamén “de economía do benestar”, como amosan as prioridades que se teñen marcado: compromiso coa sostibilidade ambiental, coa cohesión social e territorial e coa xeración de emprego.

Todo iso, recordou, no medio dunha aposta pola vacinación que “amosa que Europa é unha garantía”. “Permitirá que o 70% dos cidadáns galegos estean vacinados este verán”, remarcou Gonzalo Caballero, convencido de que “Europa é parte da resposta aos problemas da xente que atravesa dificultades”.

“Crecemos con Europa e creceremos con Europa”, engadiu, antes de apostar polo “seguir perfeccionando” o modelo. En todo caso, deixou claro que “Galicia ten que ser parte do liderado europeo” e aproveitar o “motor de modernización” para construír “a Galicia verde, dixital e social que queremos para o futuro”.

ENRIQUE BARÓN: “APUESTA DE EUROPA POR LA RECUPERACIÓN”

No acto tamén interveu Enrique Barón, expresidente do Parlamento europeo, quen puxo de relevo “el nivel de adelanto y de prosperidad” que trouxo consigo a creación da Unión Europea.

Nese senso, ademais, subliñou que os europeos e as europeas “podemos sentirnos orgullosos de cuestiones como la extensión del estado del bienestar” dende o eido comunitario.

Logo dun percorrido histórico pola creación da UE, Enrique Barón fixo fincapé no traballo que están levando adiante as institucións europeas para afrontar a pandemia, sinaladamente no que atinxe á vacinación, e tamén a reconstrución económica do continente tralo paso da pandemia.

Así, destacou que o programa aprobado é “revolucionario”, na medida en que supón “un salto importantísimo” na construción europea. “Duplicar el presupuesto, mutualizar la deuda, hacer políticas anticíclicas…”, enumerou.

Na mesma liña, o tamén exministro apostou por levar adiante “un esfuerzo colectivo” que permita a recuperación das economías europeas. “No tenemos derecho a arruinar el futuro de nuestros hijos”, finalizou.

DOLORES VILLARINO: “UN PAPEL IMPORTANTE NO MUNDO”

Así mesmo, a expresidenta do Parlamento Dolores Villarino destacou que “temos a oportunidade de seguir construíndo a Europa que queremos”, que siga apostando polo “benestar” e pola “cohesión territorial e social” e que incorpore novas prioridades como “a transición ecolóxica e dixital” e a “xeración de emprego”.

“As xeracións actuais teñen a responsabilidade de crear unha Europa que sirva de verdade aos intereses da cidadanía”, incidiu a socialista viguesa, consciente da importancia de que Europa “xogue un papel importante no mundo”.

NICOLÁS GONZÁLEZ CASARES: “O PAPEL DA UE NA TRANSFORMACIÓN DE GALICIA”

Pola súa banda, o eurodeputado do PSdeG Nicolás González Casares puxo en valor a “transformación de España e de Galicia” que supuxo a UE. “A miña xeración viu a mellora das infraestruturas, da sanidade, da educación, da economía…”, destacou, logo de indicar que Galicia tiña un compoñente de “illamento”.

No que atinxe á pandemia, o socialista lalinense puxo en valor o papel do goberno de Pedro Sánchez na consecución de miles de millóns de euros de fondos europeos para España e como o PP preferiu “poñer atrancos”. Do mesmo xeito, subliñou a importancia da estratexia europea de vacinación a pesares duns inicios “renqueantes”.

ERIKA JARÁIZ: “CONSTRUÍR EUROPA TODOS XUNTOS”

Tamén tomou a palabra a profesora de Ciencia Política da Universidade de Santiago de Compostela Erika Jaráiz, quen formulou que “só se pode construír Europa todos xuntos ou uns contra outros”.

Nese senso, sinalou como a mellor estratexia a construción dunha Europa “federal, de soberanías compartidas” e na que se aposte por unha identidade común que “respecte as distintas identidades”; “social”, guiada polos principios de “solidariedade e igualdade”; e “verde”, que traballe na loita contra o cambio climático.

ANA PRIETO: “EUROPA CONTRIBUÍU Á MELLORA DA VIDA DOS GALEGOS”

A encargada de conducir o acto foi a deputada no Congreso Ana Prieto, quen destacou o papel da UE na consecución de vacinas para o conxunto do continente, coas que “normalizar” a realidade social e económica dos distintos estados.

“Europa contribuíu á mellora da vida dos galegos e das galegas grazas aos fondos europeos e á consecución de vacinas”, destacou a dirixente socialista lucense, ao tempo que chamou á “unidade” e á “colaboración europea” que é hoxe “máis necesaria que nunca”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23