Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Non todos os partidos pensamos o mesmo da política social; nós apostamos por dereitos onde outros só ven prezos”

O secretario xeral amosa a súa “preocupación” ao ver que Feijóo “non aprendeu do ocorrido na Estrada” á vista de que proseguen os problemas nos PAC, e chama a “non xogar” coa sanidade pública

Pontevedra, 20 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe en Pontevedra na apertura dunha xornada sobre a importancia da política social na que participaron representantes de distintas entidades sociais do eido da diversidade funcional, da loita contra o alzheimer e da sanidade pública.

Nese foro, Gonzalo Caballero resaltou que “non todos os partidos pensamos o mesmo da política social”, pois mentres o PSOE “aposta polos dereitos” outros só “ven os prezos” que marca o mercado. “Porque o máis importante que hai é o dereito de todos os cidadáns a ter posibilidades de prosperar e de ter unha vida digna”, apostilou.

Dito isto, “coa credibilidade do feito” nesta materia, o líder do PSdeG abordou dos compromisos dos socialistas no que atinxe aos sistemas públicos de pensións, educativo e sanitario, así como no referido á dependencia, á diversidade e á loita contra a pobreza infantil, nun momento de elevados niveis de desigualdade.

“Somos a mellor garantía para o sistema público de pensións”, reivindicou Gonzalo Caballero, á vista da revalorización das rendas dos maiores, ao tempo que destacou a importancia da educación como “mecanismo fundamental de igualdade e de xustiza social” e tamén “de posibilidades de futuro para o país”.

É por iso, como agregou o máximo dirixente dos socialistas galegos, que o compromiso do PSOE de Pedro Sánchez de cara ao vindeiro 28 de abril pasa por elevar a inversión na educación pública ata o 5% do PIB e por avanzar par facer gratuítas as prazas de gardería para nenos ata os tres anos.

FEIJÓO, “NEFASTO PARA A SANIDADE”

No eido sanitario, Gonzalo Caballero recordou que o goberno socialista devolveu o carácter universal á sanidade e que está traballando para retirar o copago imposto polo PP sobre os fármacos. E, consciente de que a sanidade é de xestión fundamentalmente autonómica, subliñou que Feijóo foi “nefasto”.

“Déixanos unha sanidade con menos camas, con menos persoal; con problemas na pediatría, nas urxencias e nos PAC…”, enumerou o secretario xeral, e amosou a súa “preocupación” ao ver que Feijóo “non aprendeu nada do ocorrido na Estrada”, onde un home faleceu nun centro de saúde sen que houbera un médico para atendelo.

Aludiu así ao caso do PAC da Guarda, onde a fin de semana hai un único médico e unha enfermeira para substituír ao segundo facultativo requirido a causa da carga asistencial. “Non podemos permitir ao PP nin un só xogo coa nosa sanidade pública”, advertiu Gonzalo Caballero.

“DOUS MODELOS RADICALMENTE OPOSTOS”

Por iso, tras destacar que o goberno socialista devolveu a cotización ás coidadoras dos dependentes e que garantiu o dereito ao voto a 100.000 persoas con diversidade funcional, o líder do PSdeG evidenciou que o que se xoga o 28 de abril son “dous modelos radicalmente opostos”.

Trátase, concluíu Gonzalo Caballero, de elixir entre “políticas públicas para a maioría, que non deixen a ninguén na cuneta” ou os plantexamentos “liberais” de quen “cuestiona as pensións públicas” e “os fundamentos sobre os que construímos un país con máis igualdade”.

“FACEMOS POLÍTICA PARA QUEN MÁIS O NECESITA”

Pola súa banda, a secretaria local do PSOE en Pontevedra, Maica Larriba, fixo fincapé na importancia da política social para “non deixar a ninguén” polo camiño da saída da crise fronte ás “políticas neoliberais do PP”. Os socialistas, proseguiu, “facemos política para quen máis o necesita”, e así seguirá ocorrendo, engadiu, tralo día 28, pois “Pedro Sánchez seguirá sendo presidente do goberno”.

A continuación, Tino Fernández, o candidato socialista á alcaldía de Pontevedra, destacou que o seu proxecto para a cidade está baseado “na loita pola igualdade e a mellora da calidade de vida” para toda veciñanza. “Con carácter transversal”, recalcou, consciente de que aínda “queda moito por traballar”.

Tamén tomou a palabra o secretario provincial do PSOE de Pontevedra, David Regades, para reivindicar “o compromiso co benestar social” dos socialistas. Así, puxo o acento na importancia da atención á mocidade, ao emprego digno, á pobreza infantil, á dependencia e á cohesión social como eixos sobre os que xira a acción de goberno do PSOE.

“TEMOS QUE DICIRLLE NON AO PP”

Así mesmo, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, advertiu contra aqueles partidos que “queren rachar coa universalidade e a gratuidade dos servizos públicos”, mentres que o PSOE aposta “sen ambaxes” polo sistema público como vía para “rachar coas discriminacións” e para “dar igualdade de oportunidades”.

“Que fixo o PP coa dependencia? Recortouna e paralizouna”, exemplificou Carmela Silva para contrastar a forma de gobernar do PSOE coa da dereita, ao tempo que destacou que a institución que dirixe decidiu facerse cargo de servizos como a teleasistencia, a pesares de no ser da súa competencia, porque a Xunta deixou de financialos. “Témoslle que dicirlle non ao PP”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28