Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama á “mobilización masiva” porque “por un voto, Casado pode facer vicepresidente do goberno a Abascal”

O secretario xeral apela a “encher as urnas de votos e de compromiso” para dar “un triunfo histórico” ao PSOE e “non ter que arrepentirnos” o domingo

A Illa de Arousa, 21 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou esta mañá nun mitin na Illa de Arousa, onde fixo alusión ás enquisas que publican os xornais para advertir de que “non nos podemos relaxar” porque a dereita “vaise mobilizar a tope” esta última semana de campaña.

“Por un voto decidimos se Pedro Sánchez segue sendo presidente ou se Casado acaba facendo vicepresidente do goberno a Abascal”, remarcou o líder dos socialistas galegos, para incidir en que “non pode faltar nin un só voto dos que queremos frear á dereita e á ultradereita”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero recordou como en Andalucía “moitos” confiaron nas enquisas e levaron “un susto que xa non tiña arranxo” cando se abriron as urnas. “Despois non vale laiarnos”, advertiu, facendo fincapé na idea de que “todos os votos son necesarios”.

Por iso, o máximo dirixente do PSdeG chamou a unha “mobilización masiva” que, “con argumentos e con sorrisos”, nos leve a “encher as urnas de votos e de compromiso” para “dar un triunfo histórico” ao PSOE de Pedro Sánchez fronte “á dereitona” e “non ter que arrepentirnos” o vindeiro domingo.

“RETROCESO HISTÓRICO” DO PP

No que atinxe aos resultados que prognostican as enquisas en Galicia, Gonzalo Caballero destacou o “retroceso histórico” que sofre o PP mentres “nós imos avanzar”. Iso si, advertiu igualmente de que “non nos podemos confiar”.

Así pois, concluíu que a vitoria do PSOE nas xerais servirá como antesala para vencer nas municipais do vindeiro mes de maio e para poñer fin ao ciclo político de Feijóo, a quen tildou de “escapista das súas responsabilidades”, cando sexan as autonómicas.

“A DEREITA NON CRE NA IGUALDADE”

O primeiro en intervir foi o secretario xeral do PSOE na Illa, Manel Vázquez, quen sinalou o traballo “eficaz e eficiente” dos socialistas nas institucións nas que gobernan.

Pola súa banda, o secretario provincial do PSOE de Pontevedra, David Regades, puxo o foco en que a dereita “non cre na igualdade”. “Non cre que todos somos iguais”, remarcou, e lamentou que non rexeite os comportamentos “machistas”.

Tamén nesa idea fixo fincapé a presidenta da Deputación, Carmela Silva, e alertou de que o vindeiro 28 de abril xógase “o papel que xogarán as mulleres” porque “algúns non cren en nós”. Ademais, sinalou que tamén se decidirá se construímos “unha sociedade de cohesión, paz e diálogo” ou “de confrontación”.

Finalmente, o alcalde, Carlos Iglesias, reprobou “as formas indignas dos dirixentes da dereita e da ultradereita” que conforman “un monstro de tres cabezas”. Fronte as súas “descualificacións” está “o aire fresco” dun Pedro Sánchez que representa “aos socialistas de sempre: os que estamos ao carón dos traballadores, os do compromiso social e as liberdades”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18