Categorías: Actualidade

Fracaso da Xunta no impulso dun sector mineiro compatible co Medio Ambiente

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, sinalou hoxe o “dobre fracaso” da política da Xunta para impulsar ao sector mineiro. Logo da imputación do director xeral de Minas por un presunto delito de prevaricación medioambiental na mina de San Finx, en Lousame, Leiceaga sinalou que o goberno galego “fracasa no compromiso de preservar o patrimonio natural e de desenvolver o sector”.

O responsable socialista apunta que esta situación evidencia “o fracaso da Xunta ao cumprir coas garantías medioambientais esixibles á actividade mineira”. Lembrou que ten paralizado o Concurso Mineiro previsto na Lei de Fomento da Iniciativa Empresarial -aprobada en solitario hai ano e medio- porque, segundo o goberno galego, “necesita reforzar as garantías medioambientais para autorizar a apertura das minas”.

Fernández Leiceaga subliñou a ironía de que o goberno galego pida máis garantías medioambientais mentres o director xeral de Minas é imputado por presuntamente autorizar a reapertura da mina de San Finx sen unha nova declaración de impacto medioambiental nin os estudos obrigados de Augas de Galicia.

O responsable socialista anunciou que “manteremos a vixilancia” sobre o procedemento que pende sobre o director xeral de Minas, con “imputacións especialmente graves”. Explicou que “o medioambiente debe ser o primeiro”, pero amosou o seu apoio a unha actividade mineira “sostible e escrupulosa co respecto ao medio ambiente”.

Valedora do Pobo

O responsable socialista acusou hoxe á Valedora do Pobo de situarse “ao servizo da estratexia do PP” ao manterse no posto logo da condena firme por “arbitrariedade” e “desviación de poder” ao facerlle un posto á medida da irmá do portavoz do Grupo Popular. Logo da negativa da Valedora a renunciar ao seu posto, a Xunta de Portavoces fixará mañá un Pleno solicitado polos grupos da oposición para tratar o seu cese “máis ineludible que nunca”.

Fernández Leiceaga sinalou que os socialistas “non aceptamos a instrumentalización da institución”, logo de que a resistencia da Valedora a abandonar o cargo unicamente “quere evitar a negociación –para nomear un novo titular- cos grupos da oposición se dea nunha situación en que a Valeduría do Pobo estea vacante”.

Explicou que a argumentación da Valedora a ten situación nunha “situación insostible” e agora é o PP quen ten que decidir se apoia o seu cese no próximo Pleno específico convocado a instancias da oposición e abrir así os trámites para unha “substitución rápida” á fronte da institución.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28