Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero, no cumio municipal do PSdeG: “Os alcaldes e alcaldesas socialistas son o espello para abrir unha páxina de progreso na Xunta tralo 12X”

O candidato do PSdeG avanza “un goberno galego en sintonía cos alcaldes e alcaldesas socialistas”, que están cubrindo “as ineficiencias” de Feijóo

Ourense, 20 de xuño de 2020. O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, reuniu hoxe nunha xuntanza histórica aos alcaldes e alcaldesas de Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo e Ferrol, así como aos presidentes das Deputacións da Coruña e Lugo, á presidenta da Deputación de Pontevedra e ao presidente da Fegamp, para comprometer un goberno galego “en sintonía” cos principais gobernos locais.

De feito, Gonzalo Caballero situou este cumio histórico do poder municipal socialista como a evidencia “do progreso que quere a xente”, toda vez que máis da metade dos galegos e das galegas teñen hoxe un alcalde ou alcaldesa do PSdeG.

Ademais, o dirixente socialista reivindicou que esta imaxe dos cargos municipais do PSdeG constitúe “o mellor exemplo do que queremos facer” á fronte da Xunta. “Os nosos alcaldes e alcaldesas son a referencia para un goberno mellor para Galicia, son o espello para abrir unha páxina de progreso na Xunta tralo 12 de xullo”, recalcou.

E é que, como dixo Gonzalo Caballero, os máis de cen alcaldes do PSdeG representan “o progreso, o benestar, a estabilidade e as oportunidades para a cidadanía”. “O impulso municipalista dános a forza para abrir unha etapa de progreso en Galicia”, incidiu, en presencia tamén do voceiro socialista en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, quen encabezou a lista máis votada na cidade das Burgas nos últimos comicios locais.

“Queremos un goberno da Xunta en sintonía cos representantes municipais, que están a pé da cidadanía e dando respostas aos problemas dos veciños e veciñas”, reivindicou Gonzalo Caballero, quen exemplificou isto na crise da covid. “Os concellos socialistas cubriron as ineficiencias e a xestión nefasta de Feijóo, que foi un escapista das súas responsabilidades”, recalcou.

“UN NOVO TEMPO”

Así pois, o candidato socialista apelou a “marcar un novo tempo” a partir do 12X, porque Galicia necesita “un goberno progresista en sintonía cos alcaldes”.

Sobre todo, apostilou, á vista do “fracaso” de Feijóo, quen, tras 11 anos, deixa Galicia con 70.000 ocupados menos, con 2.000 millóns de euros menos na sanidade pública, con 500 camas menos nos hospitais públicos, cun modelo de privatización das residencias de maiores e sen compromiso económico e industrial.

Precisamente por iso, pensando na reconstrución de Galicia trala covid, Gonzalo Caballero comprometeu “un gran acordo” do vindeiro presidente da Xunta con todo o poder local “para trazar unha folla de ruta” que permita que a saída da crise “non deixe a ninguén na cuneta”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41